Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reabren ao tráfico a Praza de Galicia da Estrada tras meses de obras

Aconteceu este venres a mediodía

A prioridade vai ser sempre peonil

Reapertura da Praza de Galicia da Estrada este venres

Reapertura da Praza de Galicia da Estrada este venres / Concello

A Estrada

Dúas horas antes do inicialmente previsto, a mediodía deste venres, a Policía Local da Estrada abría ao tráfico a contorna da Praza de Galicia, na Estrada. Os vehículos poden circular xa polas rúas 56, San Paio e Pérez Viondi.

Con todo, dende esta unidade policial púxose o acento na importancia de que a veciñanza sexa coñecedora de que esta é unha zona peonil na que está permitida a circulación polas vías citadas. E o feito de que a Praza de Galicia sexa zona peonil comporta que nestes tramos das vías situadas na contorna a prioridade sexa sempre dos viandantes, que poderán atravesar a calzada por calquera punto, sen necesidade de paso de peóns.

A velocidade dos vehículos que conflúan nesta centro neurálxico para conectar con Pérez Viondi, Peregrina, San Paio ou a propia Praza de Galicia dende a Rúa 56 estará limitada a 10 quilómetros por hora.

Sinalización

Para advertir aos cidadáns desta prioridade dos peóns está tamén a sinalización horizontal, onde claramente se expresa que esta é unha zona peonil. No caso da Praza de Galicia o Concello seguiu a mesma filosofía e modelo aplicadas noutras zonas da capital estradense, caso da Praza da Feira.

Tracking Pixel Contents