Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Folclore

A Foliada de Melide volve a converter a vila no punto de encontro da música tradicional galega o 25 y 26 de abril

Incluirá Mostra de Artesanía e Instrumentos, con artesáns de toda Galicia, e moitas actuacións

O concurso de cantos de taberna e os xogos tradicionais serán algúns dos atractivos do evento

Autoridades e músicos na presentación da Foliada de Melide 2026

Autoridades e músicos na presentación da Foliada de Melide 2026 / Concello

Melide

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e a concelleira Carme Liñeira presentaron a programación da 19ª Foliada de Melide, que se celebrará os días 25 e 26 de abril e que volverá converter a vila nun punto de encontro arredor da música tradicional galega. Durante o acto, o rexedor destacou o papel que xoga esta celebración dentro da cultura popular galega e o ambiente que se xera na localidade durante os dous días do festival, nos que centos de foliadeiros participan nas distintas actividades programadas.

José Manuel Pérez comezou a súa intervención agradecendo o traballo da Asociación Cultural e Musical O Castelo, “os e as artífices de que esta idea tomara forma no ano 2005 ata conseguir ser unha das celebracións musicais de referencia en Galicia”. O alcalde tamén recoñeceu o apoio das entidades colaboradoras e das persoas voluntarias que cada ano contribúen á organización da Foliada.

Receita de éxito

Pola súa banda, a concelleira Liñeira fixo fincapé en que “os cantos de taberna, o serán, as mostras de baile tradicional ou a mostra de artesanía son os ingredientes perfectos para que esta receita siga funcionando con éxito ano tras ano”. E tamén subliñou que a programación inclúe concertos, animación de rúa, actividades culturais e propostas familiares co obxectivo de que a música tradicional volva ocupar as rúas da vila durante toda a fin de semana.

Programa do sábado

No que atinxe ao programa, o sábado, 25 de abril, ás 11.00 horas, chegará a apertura da Mostra de Artesanía e Instrumentos, instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. A mostra reunirá artesáns de diferentes puntos do país en catorce postos dedicados á elaboración de instrumentos tradicionais e á confección de traxes tradicionais; media hora despois, animación de rúa con xigantes e cabezudos, acompañados polo grupo Os Treboeiros de Muimenta, que percorrerá as rúas da vila enchendo de música e ambiente festivo o inicio da xornada.

Xa a mediodía, 15º Concurso de Cantos de Taberna, un dos momentos máis agardados da Foliada. Os grupos participantes realizarán un percorrido polos bares da zona antiga de Melide interpretando pezas tradicionais. Ás 15.30 horas, entrega de premios do 15º Concurso de Cantos de Taberna na Praza das Coles. As 17.00 horas, nova sesión de animación de rúa co grupo Os Treboeiros de Muimenta; trinta minutos despois, obradoiro de baile para adultos na Praza do Convento, impartido por Manu Seoane coa colaboración de Bico da Balouta.

Ás 19.00 horas, marcha gaiteira polas rúas da vila, na que participarán 13 agrupacións musicais que se repartirán por diferentes rúas e prazas de Melide. Rematarán no Cantón de San Roque; serán na Praza das Coles, 19.30 horas, considerado o xermolo da propia Foliada. Nesta cita participarán diferentes agrupacións musicais que tocarán para que o público poida bailar e desfrutar dunha noite de música tradicional. Nesta edición participarán Herba Grileira gaita e Herba Grileira pandeireta (Melide), A Maristela gaita e A Maristela canto (Sobrado dos Monxes), Bingo Birón (Toques), Fol da Chousa (Santiso), Gaiteiros do Balado (Toques), Pozo Pequeno (Melide), Froito Novo (Melide), Eu que sei taberneiros (Culleredo), Airiños Galegos Doce Albor (Santurtzi), A Rexouba (A Coruña), Bringuelo (Arzúa) e Palacio do Rei gaita e Palacio do Rei canto (Palas de Rei). Xa a medianoite, actuación de Os Carecos na Praza das Coles e, ás 02.00 horas da madrugada, chegará a de Os d’Abaixo na Praza das Coles.

Actividades para o domingo

Para o domingo, 26 de abril, volvese a abrir a mostra ás 11.00 horas, seguida de animación de rúa coa Banda de Gaitas de Ortigueira acompañada de xigantes e cabezudos. A mediodía, presentación musicalizada do libro 'O violín que trae o vento', de Adrián Méndez, na Capela de Santo Antón. A obra relata a vida de Modesta Fernández, coñecida como A cega de Noceda, unha violinista de A Fonsagrada que se converteu nunha artista inesquecible na música tradicional da zona. Posteriormente se sucederán las actuaciones de las Banda de Gaitas de Ortigueira na Praza do Convento (13.00 horas); do grupo Irmaus da Raia Seca (14.00 horas): ás 17.00 horas actuación infantil na Praza do Convento con Os Monifates; unha hora despois, xogos populares na Rúa Convento, organizados pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional; Mostra de baile tradicional, con Cantigas e Flores de Lugo, na Praza do Convento (18.00 horas); ás 19.00 horas, actuación de Felisa Segade na Praza das Coles; e ás 21.00, actuación de Tiruleque na Praza das Coles.

Tracking Pixel Contents