Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EXPOSICIÓN

'De meigas e trasnos': a particular ollada á paisaxe de Carnota do fotógrafo ceense Enrique García

A mostra, de imaxes en branco e negro, será inaugurada o domingo

Enrique García en la exposición presentada recientemente en Cee.

Enrique García en la exposición presentada recientemente en Cee. / Cedida

O fotógrafo ceense Enrique García presentará esta Semana Santa a súa nova exposición De meigas e trasnos: unha particular ollada á paisaxe carnotá no Hotel & Spa Meiga do Mar, de Carnota.

A mostra será inaugurada o domingo 29, ás 19.30 horas, nun acto no que García estará acompañado pola xerente do complexo hoteleiro, Mónica Cambeiro, e o historiador ceense Víctor Castiñeira.

Cartel promocional da nova exposición de Enrique García.

Cartel promocional da nova exposición de Enrique García. / Cedida

Valéndose dos seus coñecementos sobre a luz e o impacto que esta ten na fotografía, De meigas e trasnos: unha ollada particular á paisaxe carnotá, está formada por unha variada escolma de fotografías realizadas á maneira tradicional en branco e negro, que transmiten variadas emocións. A paisaxe das terras de Carnota é a protagonista, complementada con algún que outro enclave da comarca.

Formado con grandes mestres

Pechado, por xubilación, desde hai uns anos o que fora o seu estudo fotográfico en Cee, García, como o coñece todo o mundo na comarca, adicou toda a súa vida á fotografía, empezando como axudante do seu pai, o tamén fotógrafo Leonardo García.

Gran retratista e formado cos grandes mestres da fotografía nacional, como Maura e Gordillo, e internacional, como Bruno Alberghini e René Ona, Quique García seguiu a estela de grandes fotógrafos da Costa da Morte como foron os históricos Ramón Caamaño ou Vidal.

Tracking Pixel Contents