Semana Santa
Dodro, un pobo que non perde a fe
Opárroco de Dodro, D. Francisco Lampón, explica que a tradición da Semana Santa está moi arraigada no concello, e os vecinños participan activamente nas procesións e misas.

Dodro, un pobo que non perde a fe
Dodro encóntrase inmerso nunha completa programación de actos relixiosos con motivo da Semana Santa, unha época especial para a veciñanza. «É un concello no que esta época está arraigada desde tempo inmemorial», explica o cura dodrense D. Francisco Lampón. Os veciños botaranse estes días ás rúas das parroquias de Santa María, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño para gozar en comunidade desta celebración que, como sinala o párroco, «a nosa xente sente moi súa».
Onte tivo lugar a procesión do Venres de Dores. Pero a Semana Santa dodresa aínda ten moito que dicir. «As procesións seguirán o seu curso co Domingo de Ramos. A seguinte chegará o Xoves Santo, o día máis agardado de todos. Na mesma xornada terá lugar o Lavatorio dos Pés, no que serán protagonistas os nenos e nenas do catecismo. Por último, o Venres Santo representaremos o Santo Encontro en Laíño e, pola tarde, no centro de Dodro, celebrarase a procesión da Soidade», explica o párroco.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026Dodro está situado ao carón do municipio de Padrón, unha vila cunha enorme popularidade e tradición arredor da Semana Santa e das festas de Pascua. Non obstante, a veciñanza dodresa mantense fiel ás súas raíces e tradicións. «Os veciños non faltan ás procesións nin ás misas por ir a Padrón, onde tamén hai moitísimo arraigamento nestas datas», constata o sacerdote. n
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año