Pontón activa en Carballo unha campaña do BNG para esixir a gratuidade da AG-55
Considera que "é perfectamente posible, tendo en conta que a Xunta pagou 300 millóns para rescatar catro autoestradas"

Ana Pontón, no centro, con alcaldes e concelleiros do BNG de Bergantiños e Costa da Morte, en Carballo. / Cedida
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este sábado en Carballo na presentación da campaña desta formación para reclamar a gratuidade da AG-55, unha vía de comunicación esencial para os concellos de Bergantiños e da Costa da Morte e para unha poboación que supera os 100.000 habitantes.
“Estamos aquí para reclamar algo que é de xustiza: a gratuidade da AG-55, unha autoestrada que levamos 30 anos pagando e que supón un lastre para as persoas usuarias, sobre todo nun contexto de subida constante dos prezos", dixo.
A líder do Bloque destacou que esta demanda "é perfectamente posible, tendo en conta que o Goberno do PP acaba de pagar 300 millóns de euros para rescatar catro autoestradas de titularidade da Xunta".
“A cuestión é por que a AG-55 non? Por que Rueda está discriminado a veciñanza de Carballo, dos concellos de Bergantiños ou da Costa da Morte, tratando a xente desta comarcas como se fosen galegos con menos dereitos”, engadiu Pontón.
Para acabar con este "agravio", o BNG inicia unha campaña que se prolongará no tempo con distintas actividades e mobilizacións, co obxectivo de lograr unha AG-55 libre de peaxes.
"Os intereses da xente teñen que estar por diante dos intereses das grandes construtoras, porque estamos falando dunha veciñanza que usa esta autoestrada para desprazarse por razóns de traballo, de estudo, para ir ao hospital ou simplemente por razóns de ocio”, alegou a portavoz nacional.
"Esta é unha vía de comunicación fundamental para a veciñanza que vive nunha zona do país que ten escasas comunicacións, de tal xeito que o uso do coche particular é a única maneira de poder moverse con axilidade. Uns cen mil habitantes que non teñen máis alternativa que a AG-55 para desprazarse en tempo e forma, aínda que o trazado e o mantemento non son precisamente un exemplo, ante a inacción da Xunta, que mira para outro lado en lugar de reclamarlle á concesionaria unha mellor conservación e servizo", sinalou.
Tras explicar que "a veciñanza de Carballo, das comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte, leva 30 anos de discriminación pagando unha peaxe que non tiña que existir, porque se lles prometeu que sería gratuíta", Pontón dixo que o BNG vai levar a demanda dunha AG-55 libre de peaxes ao Parlamento, ademais de desenvolver unha campaña en todos os concellos afectados.
“Non imos parar ata que se poña fin a unha situación discriminatoria e inxusta”, concluíu a portavoz nacional.
A presentación da campaña, cunha foto simbólica ao pé das cabinas de peaxe, contou coa participación do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e cos responsables locais, concelleiros e concelleiras do BNG dos municipios que teñen esta autoestrada como principal vía de comunicación para desprazarse entre a capital de Bergantiños e A Coruña.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas