Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Centos de persoas gozan en Frades coa Festa da Merenda

A tortilla é o produto estrela nunha xornada amenizada por DJ A30-60, a charanga BB+ e as orquestras Los Satélites e Olympus

Asistentes á Festa da Merenda de Frades.

Asistentes á Festa da Merenda de Frades. / Cedida

Frades

Centos de persoas gozan este domingo na localidade de Aiazo, no concello de Frades, da XIX Festa da Merenda, nunha xornada na que o bo tempo quere acompañar.

A festa desenvólvese na área recreativa Os Pasos. É, segundo os organizadores, "unha das edicións máis concorridas da historia desta cita gastronómica".

A tortilla foi o produto estrela na Festa da Merenda.

A tortilla foi o produto estrela na Festa da Merenda. / Cedida

Unha cita que xunta xente de todas as idades, sobre todo mocidade. Grupos de familias e peñas de amigos converten o recinto nun comedor aberto para xantar ao son da música e en boa compañía.

A Festa da Merenda non só congregou veciños e veciñas do municipio, senón tamén persoas chegadas de localidades da zona, como Ordes, Santiago de Compostela, Melide, Arzúa

Asistentes á Festa da Merenda, celebrada na área recreativa Os Pasos.

Asistentes á Festa da Merenda, celebrada na área recreativa Os Pasos. / Cedida

Os asistentes a esta festa tan popular poden degustar de forma gratuíta dende o mediodía unha gran merenda, na que reina a tortilla e, tras gozar coa sesión vermú amenizada polo DJ A30-60, xa pola tarde bailar coa charanga BB+. Tamén hai postos de polbeiras e cantina durante toda a xornada.

A partir das 18.30 horas actuarán as orquestras Los Satélites Olympus.

Tracking Pixel Contents