A Laracha mellorará 1,4 quilómetros de estradas rurais en catro parroquias
Actuarase en varios núcleos de Torás, Vilaño, Soandres e Lestón

Pola esquerda, José Ramón Martínez Barbeito, José Manuel López Varela, José Antonio Álvarez, Lorena Solana e Pablo Cambón, no porto de Caión. / Cedida
O Concello da Laracha licitou dous novos proxectos de mellora da rede viaria que afectan a catro parroquias, cun investimento de 165.000 euros.
En todos os casos as intervencións consisten na renovación do firme, o acondicionamento dos sobreanchos para incorporalos á plataforma da calzada e a mellora da sinalización, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria.
As obras localízanse nos accesos á Braña en Torás, A Areosa en Vilaño, Borreiros e O Loureiro de Borreiros en Soandres e A Agrela, na parroquia de Lestón. Neste último lugar tamén se contemplan melloras na rede de abastecemento de auga para dotar co servizo ás últimas vivendas construídas.
En total serán mellorados aproximadamente 1.400 metros de lonxitude lineal da rede viaria en estradas localizadas en núcleos rurais.
Ambos proxectos están incluídos no Plan Único POS+, polo que serán cofinanciados pola Deputación da Coruña. O prazo de presentación de ofertas rematará o 7 de abril.
Melloras no porto de Caión
Por outra banda, o alcalde, José Manuel López Varela, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantiveron un encontro en Caión no peirao da vila. Tamén participaron na reunión os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón, e a xefa de zona Centro-A Coruña de Portos de Galicia, Lorena Solana.
O percorrido que realizaron pola zona portuaria permitiu analizar sobre o terreo distintas necesidades e posibles actuacións orientadas á mellora das infraestruturas. En concreto, abordáronse cuestións relacionadas coa estrada de acceso ao porto, a sinalización viaria para aumentar a seguridade, a iluminación do recinto portuario co obxectivo de facilitar e reforzar a súa actividade diaria e a rede de recollida de augas pluviais no ámbito.
Durante a visita tamén se abordaron outras intervencións de mantemento nas instalacións que se consideran de interese para garantir o bo funcionamento do porto e reforzar as condicións de seguridade en todo o seu entorno.
As actuacións estudadas e consensuadas por ambas as partes, que se executarán en próximas datas, redundarán nunha mellora significativa tanto para os profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade en Caión como para o conxunto da cidadanía, xa que o porto constitúe tamén un espazo de esparexemento moi frecuentado pola veciñanza.
O Concello valora de xeito altamente positivo esta colaboración institucional con Portos de Galicia, subliñando a importancia de seguir avanzando en iniciativas que contribúan a reforzar a seguridade, a funcionalidade e a integración do porto na vida diaria da vila, consolidándoo como un espazo clave para o desenvolvemento económico e social da Caión en particular e do municipio da Laracha en xeral.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago