Padrón insiste en comezar as actuacións contra as enchentas por Cambelas e Pasales, as zonas máis afectadas
O alcalde di que eses lugares carecen de drenaxe suficiente e critica que a Xunta e o PP local estén "empeñados" en iniciar os traballos por Tarrío

Anxo Arca, dereita, co deputado socialista Aitor Bouza, visitando os regos de Cambelas e Pasais. / Cedida
Redacción
O Concello de Padrón responde ás acusacións realizadas polo PP local e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, (quen criticou a falta de resposta do Concello a dous requirimentos relativos ao plan contra as enchentas) insistindo na necesidade de comezar a actuar polas zonas máis afectadas polos desbordamentos: Cambelas (Pazos) e Pasales (Estramundi).
"A Xunta e o PP de Padrón continúan empeñados en comezar a actuar en Tarrío, unha zona máis elevada, o cal prexudicaría as zonas de Pazos e Estramundi, que xa se inundan neste momento ao carecer estas dunha drenaxe suficiente", sinalan dende o Goberno local.
O Concello é moi claro na súa reivindicación transmitida en reiteradas ocasións a Augas de Galicia: "Primeiro hai que actuar nos regos de Pasales e Cambelas e limpar todo o canal do río Sar ao seu paso por Pazos e Estramundi. A partires de aí poderanse plantexar intervencións noutras zonas", indican dende o Executivo.
“O empeño da Xunta en comezar por Tarrío evidencia un descoñecemento flagrante das problemáticas que temos en Padrón e empeorará a situación que padece a veciñanza de Pazos e de Estramundi actualmente”, afirma o alcalde, Anxo Arca.
Por outra banda, o rexedor considera que "queda clara a prioridade do PP de Padrón, que se posiciona en defensa da Xunta e traizoa a veciñanza destes territorios".
“En Padrón coñecemos ben o xeito de actuar de Ángel Rodríguez Conde, sempre antepoñendo o seu beneficio persoal aos intereses da cidadanía padronesa. Padrón necesita políticos que traballen con valentía polo municipio, como estamos a facer dende o Goberno municipal, e non concelleiros entregados aos intereses da Xunta”, engade Arca.
Por último, o alcalde afirma que o Concello ten “toda a vontade de colaboración sempre e cando as actuacións plantexadas teñan sentido e comecen por onde máis se necesita".
A este respecto, o alcalde considera que "a conselleira faría ben en comunicarse co Concello e non co seu compañeiro de partido, o que constitúe unha grave falta de respecto institucional e unha instrumentalización política desa Consellería”.
Finalmente, Arca explica que "o Concello tivo que esperar meses para poder manter unha reunión en Augas de Galicia, que nunca respondeu as demandas que se lle transmitiron".
"Estas actitudes están a facer que todas as galegas e galegos comezan a ter claro que Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente son entidades máis enfocadas a poñer trabas que a solucionar problemas", sinala Anxo Arca.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana