Camariñas converte o mar en aula aberta, e a praia no seu patio
Oitenta e sete alumnos participan nun programa educativo que os acerca á realidade da contorna mariña e do sector pesqueiro local

Escolares de Camariñas, onte, dispostos a participar nunha actividade de vela. / Cedida
O peirao de Camariñas volveu converterse este luns nunha gran aula aberta ao mar. O Concello vén de poñer en marcha a parte práctica dunha nova edición do programa O mar na escola, unha iniciativa na que este ano participan un total de 87 rapaces e rapazas do municipio e que lles permite coñecer de primeira man a realidade da contorna mariña e do sector pesqueiro local.
As actividades prácticas comezaron este mes para o alumnado de 5º e 6º de Primaria do Colexio de Camariñas e do Colexio da Ponte do Porto, ademais do Instituto da Ponte do Porto, que xa rematou previamente toda a fase teórica nas súas respectivas aulas.
Do Colexio da Ponte do Porto participan 38 alumnos (20 de sexto e 18 de quinto); do Colexio de Camariñas, 26 (14 de sexto e 12 de quinto); e do Instituto da Ponte do Porto, 23 (de 1º e 2º da ESO).
O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, destaca a enorme importancia e a longa traxectoria do programa O mar na escola sinalando que “trátase dun programa pioneiro e único en toda a comarca, que suma xa 22 anos de historia e que se mantén activo ininterrompidamente dende 2008 no seu formato actual”.
A gran singularidade deste proxecto é que está plenamente integrado na actividade lectiva dos rapaces. Neste sentido, o Goberno municipal quere facer un agradecemento público e especial á comunidade educativa, xa que esta actividade "non podería seguir adiante sen o apoio dos colexios e do instituto, que son os que seguen apostando polo programa ano tras ano e facilitando a súa inclusión no horario escolar".
Colaboración institucional
Para o desenvolvemento loxístico e de seguridade destas saídas prácticas, o programa conta coa colaboración da Xunta de Galicia. A Administración autonómica faise cargo do pago dos seguros de todos os participantes, así como do financiamento do transporte. En total, a Xunta sufraga as 14 viaxes en autobús necesarias para trasladar os alumnos e alumnas dende os seus respectivos centros de ensino ata o peirao de Camariñas.
Ademais, o Club Náutico de Camariñas cede as instalacións que permiten levar a cabo o día a día do programa.
Con esta nova edición, Camariñas reafirma o seu compromiso coa educación ambiental e patrimonial das novas xeracións, garantindo que os máis novos non vivan de costas ao mar que dá nome, identidade e futuro á súa vila.
Navegación a vela e kaiak de mar son algunhas das actividades que os escolares levan a cabo.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana