Un destino que combina un rico patrimonio, rutas xacobeas, actividades ao aire libre e gastronomía con identidade propia
Procesións relixiosas e ‘santas’ tapas na Estrada
Haberá saídas o Domingo de Ramos e o Xoves e Venres Santo. Os locais hostaleiros volverán ofrecer unha saborosa ruta de petiscos

Rois, a calma da paisaxe e a forza da tradición
A Estrada quenta motores para unha Semana Santa que volverá combinar tradición relixiosa e dinamización hostaleira. A Confraría da Santa Cruz xa abriu o programa coa misa de confrades e o recoñecemento a novos membros e confrades de honra, nun arranque que serve tamén para reforzar o papel desta entidade á fronte dos actos litúrxicos e procesionais.
De cara aos próximos días, a celebración manterá algunhas das súas citas máis simbólicas, coa bendición e procesión de Ramos, a saída do Cristo Atado á Columna o Xoves Santo e a procesión do Santo Enterro o Venres Santo. A isto súmase o traballo previo de montaxe das carrozas e de acondicionamento do percorrido, que contribúe a darlle visibilidade a unha celebración que a confraría aspira a seguir consolidando no calendario local.
En paralelo, o Concello e os hostaleiros ultiman unha nova edición do certame Santas Tapas, que se celebrará do 1 ao 5 de abril cunha previsión inicial de 21 establecementos participantes repartidos en catro rutas. A principal novidade será o formato combo, con tapa e bebida por 3,5 euros en venda anticipada, mentres que a tapa manterase en 3 euros.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026A iniciativa busca atraer público local e foráneo e reforzar o ambiente de rúa durante os días centrais da Semana Santa. O Concello financiará parte dos 3.500 combos para favorecer a participación cidadá.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año