INFRAESTRUTURAS
Convocados os actos expropiatorios para prolongar a autovía da Costa da Morte ata Vimianzo
O orzamento das obras supera os 36 millóns de euros

O presidente da Xunta coa conselleira de Infraestruturas, alcaldes e concelleiros, en Santa Irena. / X. G.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para os vindeiros meses de maio, xuño e xullo dos actos expropiatorios para executar as obras de prolongación da autovía da Costa da Morte, no treito entre Santa Irena e a estrada AC-432, no municipio de Vimianzo.
Ao tempo a Xunta, que ten licitados estes traballos por máis de 36 M€, avanza na fase de contratación desta obra, que recibiu 11 ofertas de empresas para levar a cabo a execución da prolongación da autovía.
Casa da Cultura de Vimianzo
Os actos para o levantamento das actas previas á ocupación están convocados para os días 28 e 29 de abril, na Casa de Cultura de Vimianzo (rúa A Braña, s/n), das 10.00 ás 13.00 horas. A formalización das actas de ocupación levaranse a cabo os días 30 de xuño e 1 de xullo, na mesma localización e no mesmo horario.
Con esta actuación prolongarase o tramo de autovía da Costa da Morte que se puxo en funcionamento no ano 2016, con case 28 km libres de peaxe que comunican os concellos de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e o termo municipal de Vimianzo, ata Santa Irena.
Máis de cinco quilómetros
Esta nova intervención abrangue 5,8 novos quilómetros de estrada, ata a intersección coa AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas. Este treito construirase sobre unha traza con parte do movemento de terras xa executado.
As obras incluirán a construción de 2 enlaces e a previsión dun terceiro, 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 pasos inferiores e 6 obras de drenaxe. Cabe sinalar como estrutura máis singular do proxecto o viaduto sobre o río Vimianzo, que permitirá o cruzamento da vía sobre esta contorna, entre os puntos quilométricos 7+005 e 7+249.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo