MEDIO AMBIENTE
Fisterra denuncia o uso indebido dos contedores e o abandono de residuos: a Policía investiga os feitos
Desde o Concello lembran que estas accións prexudican a contorna e a imaxe do municipio

Restos de mobiliario arroxados nunha parcela en Fisterra. / Cedida
O Concello de Fisterra manfiesta o seu "rexeitamento firme" ante os vertidos incontrolados, o uso indebido dos contedores e o abandono de lixo e entullos en distintos puntos do municipio.

Colchóns apilados ao carón de contedores na zona portuaria. / C. Fisterra
"Estas condutas son inaceptables e supoñen un grave prexuízo para a contorna, a veciñanza e a imaxe do noso concello", subliñan dende o goberno local. "Non podemos permitir a degradación do noso entorno", engaden.

Restos de construción tirados ao pé de contedores do lixo. / C. Fisterra
Lembran que este tipo de actuacións poden ser obxecto de sanción conforme á normativa vixente. A Policía Local está a realizar traballos de investigación a través das cámaras existentes co fin de identificar ás persoas responsables destes feitos.
Colaboración cidadá
Dende o Concello solicitan ademais a colaboración cidadá e quenes observen algún comportamento similar poden contactar coa Policía Local a través do número. 650 37 39 16. "Entre todos debemos coidar Fisterra e actuar con responsabilidade", conclúen.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas