EDUCACIÓN
A Xunta prepara novas "melloras puntuais" no IES Fernando Blanco de Cee
O BNG demanda unha actuación integral e rexeita "os parches"

IES Fernando Blanco, de Cee. / Cedida
A Xunta de Galicia investiu nos últimos anos case 900.000 € en diversas obras de mellora no Instituto Fernando Blanco, de Cee, e está a preparar novas actuacións para melloras puntuais neste centro. Así o explicou o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila, no Parlamento, onde sinalou ademais que o investimento en mellora nos centros públicos do concello de Cee é de case 1,8 M€.
Neste sentido, destacou que a Unidade Técnica da Consellería avalía de maneira sistemática a rede de centros escolares co fin de garantir condicións axeitadas de benestar e seguridade. "Así, o departamento educativo da Xunta coñece con detalle a situación do IES Fernando Blanco e continúa actuando sobre ela", afirmou.
Intervención na cuberta
De feito, este mesmo ano acometeuse unha intervención puntual na cuberta do edificio, cun investimento aproximado de 32.000 €, e está xa prevista unha nova actuación que permitirá dar unha solución integral a calquera incidencia existente.
Entre as actuacións máis recentes neste centro, o secretario xeral técnico enumerou traballos en cubertas, renovación de carpintarías, melloras nas instalacións eléctricas e de calefacción, actuacións en ventilación e saneamento, medidas de eficiencia enerxética (como a incorporación de sistemas fotovoltaicos), así como avances en accesibilidade, peches exteriores e acondicionamento de espazos docentes.
Criterios e prioridades técnicas
"Existe unha planificación seria e un compromiso inversor sostido no tempo para modernizar as infraestruturas educativas e atender as necesidades dos centros, entre eles do IES Fernando Blanco de Cee”, dixo o secretario xeral técnico, quen sinalou que as actuacións sempre se acometen en base a criterios e prioridades técnicas obxectivas.
O representante da Consellería de Educación aclarou tamén que a dotación de persoal do centro "é a axeitada para atender ás súas necesidades, tanto a nivel docente como no que atinxe ao persoal subalterno".
Críticas do BNG
Pola súa banda, o BNG lamentou que a Xunta "non se comprometa a realizar todas as obras de rehabilitación que necesita o IES Fernando Blanco de Cee", e que foron demandadas en reiteradas ocasións pola comunidade educativa do centro.
Os nacionalistas subliñan que a Xunta "tan só fixo un contrato menor de 35.270 € para a rehabilitación da cuberta a dúas augas o pasado mes, xusto despois de que tiveran que saír a protestar o profesorado e a ANPA e despois do rexistro das iniciativas do BNG no Parlamento. "Vostedes funcionan a golpe de protesta, só actúan cando a xente sae a protestar, é a súa forma de gobernar", afirman.
Deficiencias estruturais
O deputado Oscar Insua lembrou que tanto o profesorado como a ANPA e o alumnado teñen denunciado múltiples deficiencias estruturais no instituto, como "filtracións de auga que obrigan a dar clase con caldeiros no chan, ademais de cortes de luz constantes, fiestras en mal estado, falta de climatización e un sistema de calefacción obsoleto".
Insua recriminou ao secretario xeral que "o Goberno galego soe utilizar criterios políticos, non só técnicos, para contratar actuacións de reforma en centros escolares en concellos gobernados polo PP".
En Zas, engadiu, "gobernado polo BNG, a consellería dixo hai un par de semanas que correspondía ao Concello a reforma duns canlóns nun centro educativo; pero en Mugardos, onde goberna o PP, a Xunta contratou unha obra a semana pasada para realizar unha actuación similar", reprochou o deputado do BNG.
Compromisos e datas
Insua preguntou a Vila López por compromisos concretos e datas de execución "para as tan necesarias obras de reforma no IES Fernando Blanco, que teñen que consistir nunha actuación integral, non basta con parches".
O deputado do BNG tamén sinalou que no instituto ceense existe "unha vacante na conserxaría sen cubrir desde hai máis dun curso", e que a seguridade viaria nos accesos ao centro educativo "está en grave risco por falta de sinalización e exceso de velocidade do tráfico".
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago