Marcas vandálicas e debuxos alteran a inscrición fundacional del Mosteiro de Carboeiro en Silleda
Trátanse de remarcados realizados con material brando laranxa e trazos alleos ao ben
Pediuse a Patrimonio que visite a zona e determine o xeito máis acaído para restauralo

Danos na inscrición fundacional do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda / Concello
O Concello de Silleda vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural os danos detectados na inscrición fundacional situada na parte exterior da cripta do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, un elemento de grande valor histórico e patrimonial integrado no conxunto monumental. Segundo a información trasladada polo persoal que atende o cenobio, os feitos foron advertidos a finais da pasada semana, observándose sobre a superficie pétrea marcas e remarcados realizados con material brando de cor alaranxada, así como debuxos alleos ao ben, que alteran a súa lectura e afectan negativamente á percepción deste elemento epigráfico medieval.
Inspección técnica
Na comunicación remitida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o Concello solicita que se xire visita de inspección técnica ao mosteiro co fin de avaliar o alcance dos danos e determinar o protocolo de limpeza, conservación ou restauración máis acaído, de xeito que se poidan eliminar estas marcas sen comprometer nin a integridade do soporte pétreo nin a lexibilidade da inscrición. Na mesma comunicación incorporouse tamén documentación fotográfica dos danos advertidos.
Ao mesmo tempo, dende o Concello de Silleda aproveitouse este escrito para reiterar a necesidade de actuar no muro oeste do claustro, unha zona que continúa valada e con acceso restrinxido.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias