FERIAS DO ABRIL 2026 EN VAL DO DUBRA
«A festa axuda a dar a coñecer a nosa cultura e patrimonio»
O tenente de alcalde, Antonio Negreira, subliña que a celebración contribúe a presentar o concello como polo turístico e residencial

Antonio Negreira Noya durante a presentación da edición anterior das Feiras do Abril. | CEDIDA
«As Feiras do Abril son unha referencia na contorna ao comezo da primavera». Así define Antonio Negreira, tenente de alcalde de Val do Dubra, unha das celebracións máis emblemáticas do municipio, xunto coa prezada Festa do Emigrante.

ESPECIAL FEIRAS DE ABRIL DE VAL DO DUBRA 2026
ESPECIAL FEIRAS DE ABRIL DE VAL DO DUBRA 2026A cita busca renderlle homenaxe ao rural galego, poñendo en valor aqueles oficios tradicionais que contribuíron a construír Galicia no pasado e que, co paso do tempo, tamén foron evolucionando. «As Feiras do Abril remóntanse a tempos moi antigos, e foron experimentando unha transformación progresiva, ao igual que aconteceu cos procesos produtivos da nosa terra. Antes estaban máis ligadas ao comercio agrícola e gandeiro», explica.
Hoxe en día, Negreira subliña que «seguen sendo unhas datas moi especiais e moi queridas pola veciñanza. A tradición sempre ten un valor ao que paga a pena volver». Ao seu ver, esa evolución percíbese en que as Feiras do Abril seguen a reivindicar ese espírito rural, pero, ao tempo, ábrense á participación do sector hostaleiro e de distintas propostas lúdicas, como as exposicións de gando e de maquinaria agrícola ou os obradoiros de artesanía. «Todos estes cambios indícannos cara a onde vai o futuro», opina.
Negreira tamén vencella esta primeira fin de semana de abril a un ambiente de alegría compartida en Val do Dubra, pois xérase unha ilusión colectiva que convida a gozar da cita en compañía de amizades e familiares. «Ten unha vinculación emocional moi forte. As feiras achegan diversión e convidan a fortalecer as relacións familiares e a conexión coa xente moza», sinala.
Neste sentido, lembra que antigamente existía mesmo un día dedicado expresamente á mocidade, coñecido como a Feira dos Mozos. «Nesa xornada acabaron nacendo moitas relacións afectivas», lembra.
Nunha época como a Semana Santa, na que moitas persoas aproveitan para descubrir novos destinos, Val do Dubra saca partido desta celebración tan asentada como escaparate do seu potencial turístico. «É un factor moi importante para dar a coñecer a nosa cultura e o noso patrimonio natural dentro da comarca. Somos un concello cunha contorna perfecta para practicar sendeirismo, con ríos moi importantes, como o Tambre, ademais de múltiples posibilidades para desenvolver actividades ao aire libre, como a pesca», defende.
Ademais de poñer en valor a súa privilexiada situación xeográfica, Negreira explica que as Feiras do Abril contribúen a presentar Val do Dubra como un lugar atractivo para vivir. «É tamén unha maneira de favorecer a chegada de poboación. Esta vila ofrece un ambiente marcado pola tranquilidade e conta con espazo suficiente para acoller aquelas persoas que buscan unha vivenda», afirma. E engade: «Estamos ao carón de Santiago, algo que lle dá aínda máis atractivo». n
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias