CELEBRACIÓN
As Feiras do Abril converten Val do Dubra nun escaparate do rural galego
Actividades culturais, gastronómicas e oficios tradicionais dánse cita en San Lourenzo de Bembibre.

O subdelegado do Goberno, centro, e o alcalde, participando nas degustacións. / Cedida
Val do Dubra está a vivir unha nova edición das Feiras do Abril no espazo público de San Lourenzo de Bembibre. O acto inaugural estivo presidido polo alcalde Diego Luis Díaz, e o subdelegado do Goberno Julio Abalde, aos que acompañaron o tenente alcalde Antonio Negreira, concelleiros e representantes doutros concellos da comarca.

O alcalde, Diego Luis Díaz, no acto inaugural das Feiras do Abril. / Cedida
Logo do baile da man de regueifa, os asistentes poideron asistir á degustación de produtos locais: pan de Val do Dubra, cachena e ovos de galiña de Mos. Para a tarde estaban programados un obradoiro de estampaxe de panos tradicionais, a charla sobre horta sostible a cargo de Nuska Chousa, o monólogo de Isi e unha sesión musical con Grupo Claxxon e Disco Móbil CDC.
Mañá domingo, a cita estará marcada pola exposición de gando, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 14.00 horas, así como pola continuidade dos obradoiros de artesanía, as xornadas de tiro ao arco (11.00–17.00 h) e a demostración de cestería con Sara Viña (11.00 h).

Os asistentes poideron gozar de degustacións gastronómicas. / Cedida
Tamén haberá outras actividades: ruta cabalar (11.30 h), un simulacro de Protección Civil (12.00 h), un obradoiro de extinción de incendios para a rapazada da man da AVPC Val do Dubra (12.30 h), a demostración de inoculación de shiitake en tronco impartido por Fungos da Cova (12.30 h), a actuación do Trío Alborada (14.00 h) e un faladoiro sobre apicultura con Alfonso Priegue (16.30 h).
A programación pecharase o luns 6 coa celebración do mercado mensual e da tradicional Festa da Empanada, que contará tamén con polbeira que disporá de diferentes elaboracións de vaca cachena e actuación musical a cargo do Dúo Matices.

A música tradicional tamén está moi presente nas Feiras do Abril. / Cedida
Desde o Concello de Val do Dubra salientan "a excelente resposta do público, xa que todas as actividades que requirían inscrición previa teñen as prazas completamente cubertas", e convidan a veciños, veciñas e visitantes "a gozar da nosa tradición e deste evento, xa asentado no calendario dubrés".
As Feiras do Abril confírmanse así como un espazo de promoción do produto local e de posta en valor da cultura e tradicións do rural galego, consolidándose como unha cita de referencia na comarca.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias