CONCIENCIACIÓN
A Laracha en marcha contra o cancro nunha nova andaina solidaria
A cita é o 26 de abril e terá un percorrido circular de seis quilómetros

O alcalde, segundo dereita, na presentación da Andaina Solidaria. / Cedida
O Concello e a Xunta Local da Laracha da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) presentaron a nova edición da andaina solidaria A Laracha en marcha contra o cancro, unha cita que combina deporte e concienciación social.
O acto celebrouse na Praza da Areosa de Vilaño coa participación do alcalde, José Manuel López Varela; a presidenta da Xunta Local da AECC, Maica Posse; e, entre outros asistentes, Lucía Graña en representación de Tempo Training & Social Center, unha das empresas colaboradoras do evento.

Cartel promocional da Andaina Solidaria contra o Cancro, da Laracha. / Cedida
A andaina terá lugar o vindeiro 26 de abril e consistirá nun percorrido circular de 6,2 quilómetros, de dificultade baixa, pensado para facilitar a participación de persoas de todas as idades.
A saída está prevista para as 10.45 horas desde a Praza Les Sables d´Olonne, punto ao que tamén regresarán os participantes tras completar un itinerario que discorre por enclaves como O Pereiro, o Castro de Montes Claros ou o paseo fluvial do río Vilán.
A inscrición xa está aberta, cun prezo de 5 euros para adultos e 3 euros para nenos de ata 12 anos. As persoas interesadas poden anotarse nos puntos habilitados no termo municipal ou a través do formulario. Ademais, existe a posibilidade de colaborar mediante o dorsal solidario para quen non poida asistir ese día.
Mobilizar á cidadanía
A iniciativa mantén o seu obxectivo principal: mobilizar á cidadanía arredor dunha causa común fomentando hábitos saudables ao tempo que se apoia ás persoas afectadas polo cancro. A recadación obtida destinarase integramente á AECC, contribuíndo ao financiamento de programas de apoio, investigación e acompañamento.
Desde a organización salientan a importancia da implicación social nun evento que cada ano reúne a centos de participantes e que se converte nun símbolo de compromiso colectivo.
A colaboración municipal e das empresas locais reforza o carácter comunitario dunha xornada que vai máis aló do deportivo para converterse nun espazo de encontro, solidariedade e esperanza.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año