CLAUSURA
Estefanía e Pedro Orgaz fan historia en Camariñas: repiten triunfo no concurso de noveis deseñadores
Encarna Liñeiro, concelleira da Mostra: "En maio unha colección de moda levará o encaixe por todo o mundo"

Pedro e Estefanía Orgaz, gañadores do concurso, cos deseños da súa colección. / Cedida
A xornada de clausura da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recaeu nas mans de Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz, que coa súa colección Albor repiten galardón por segundo ano consecutivo.
Os irmáns coruñeses, que xa conquistaran ao xurado profesional en 2025 coa súa colección Mitra, logran ademais marcar un fito histórico: é a primeira vez que uns participantes gañan o primeiro premio en dúas ocasións.

Alcaldesa, concelleiras e concelleiros cos premiados no certame. / Cedida
O responsable de relacións institucionais de Stolt Sea Farm, Javier de Francisco, entregoullle o premio a Expediente 1885, de Marina Lamelo Vallejo, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección Araiz de Sheila Pérez Garrido, recibiu o terceiro premio de mans da responsable de relacións institucionais de Frigoríficos de Camariñas, María José Gerpe.

Marina Lamelo obtivo o segundo premio coa colección 'Expediente 1885'. / Cedida
O cuarto premio, entregado pola presidenta da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, foi para Marina Martín García e Javier Requena, con Mater Sancta.
Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios: un primeiro de 2.100 €, un segundo de 1.200 €, un terceiro de 700 €, e o cuarto de 500 euros.

Sheila Pérez obtivo o terceiro premio coa proposta 'Araiz'. / Cedida
Optaron a estes galardóns 25 coleccións dun total de 29 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. A procedencia dos noveis deseñadores foi moi diversa, formados nas mellores escolas a nivel estatal.
O xurado estivo formado polas deseñadoras e deseñadores Modesto Lombra, Ana Cabranes, Dolores Cortés, Felipe Santamaría, Ignacio Muñoz, Joaquín Ruíz e José Perea.

Marina Martín en Javier Requena obtiveron o cuarto premio con 'Mater Sancta'. / Cedida
Na clausura, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, afirmou que "o impacto desta Mostra e do noso encaixe non se limita a estes días de celebración. Detrás dos focos, hai un traballo incansable que dá os seus froitos os 365 días do ano. Levamos todo este ano tramitando decenas de pedidos para diferentes deseñadores”.
Unha colección que levará o encaixe a todo o mundo
"Grazas ao inmenso talento e ás mans das nosas palilleiras e costureiras, en maio sairá á luz unha colección de roupa que levará a nosa artesanía por todo o mundo. Este é o verdadeiro éxito do noso encaixe: xerar oportunidades e futuro para a nosa vila”, indicou.
Salientou ademais que "en Camariñas, a arte non só se atopa nos palillos nin nos desfiles. A arte rodea cada paso que damos polo noso municipio. Por iso, este ano quixemos darlle continuidade á nosa campaña E ti... Encaixas no paraíso?".
Unha iniciativa, engadiu Encarna Liñeiro, "coa que levamos a quen nos visita a descubrir o epicentro da natureza máis salvaxe: o eixo Trece-Reira-Vilán. Unha contorna indomable, de mar batido e rochas impoñentes, que contrasta maxicamente coa delicadeza do noso encaixe".
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias