DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Carballo leva a saúde á rúa: controis gratuítos e obradoiros para aprender a comer mellor
O Concello promove medicións de tensión e glucosa no mercado municipal

As actividades comezan mañá, día 7, no mercado municipal de Carballo. / Cedida
Cun enfoque preventivo e co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables, Carballo celebra o Día Mundial da Saúde cunha dobre acción dirixida a toda a veciñanza. A estratexia combina a atención directa na rúa coa formación especializada de mans de profesionais da nutrición.
Tensión baixo control
Tras o éxito acadado o ano pasado, o Concello retoma o proxecto Mantén a tensión baixo control, que nesta ocasión levarase a cabo no mercado municipal. Un equipo de profesionais facilitará a medición de tensión e azucre mañá martes, 7 de abril, de 10.00 a 12.00 h e de 16.30 a 18.30 h, e o xoves, día 9, de 10.00 a 13.00 h.

Cartel promocional das actividades programadas. / Cedida
Na campaña anterior repartíronse cadernos que inclúen información práctica sobre a hipertensión e a diabetes, así como espazo para anotar os resultados dos controis. Recoméndase a aquelas persoas que xa conten cunha libreta de anotacións de medicións anteriores que a leven consigo para facilitar un seguimento máis preciso por parte dos técnicos.
Ciclo formativo
Como complemento, o servizo de dietista-nutricionista do centro de saúde de Carballo, que depende a Área Sanitaria da Coruña e Cee, coa colaboración do Concello, organiza o programa Coida da túa saúde. O ciclo consta de tres obradoiros.
O 10 de abril abordarase a temática Peso saudable: aprende a elixir o que che senta ben (sen pasar fame), o día 17 de abril a Alimentación en diabetes no día a día, e o día 24 O ABC da alimentación cardiovascular.
As sesións terán lugar de 12.20 a 13.30 horas. O punto de encontro das persoas participantes será a entrada do centro de saúde. A inscrición previa debe formalizarse no mostrador do propio centro.
Aposta pola prevención
"A prevención é a mellor ferramenta para unha vida saudable", sinala a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures. Con estas accións, "non só se pretende detectar posibles factores de risco de xeito precoz, senón tamén dotar a veciñanza das ferramentas necesarias para xestionar a súa propia saúde a través da alimentación", engade.
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Adiós a Bruno Hache, el compostelano vinculado al sector del café que deja huella por su cercanía y vitalidad
- Santiago adjudica por más de 300.000 euros el mantenimiento del pavimento del casco histórico
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Abren las becas para educación no obligatoria de las que se benefician 54.000 gallegos: plazos, cuantía y cómo solicitarlas
- 45 años en la pista: el último titán de las discotecas rurales que resiste en Touro
- El bocadillo que triunfa en Santiago y compite por ser el mejor de España