Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO RURAL

Dous incendios forestais activos en Carballo e A Laracha

O da parroquia carballesa de Noicela queimou xa máis de 20 hectáreas

Efectivos dunha brigada traballando na extinción dun incendio forestal.

Efectivos dunha brigada traballando na extinción dun incendio forestal. / Carlos Castro

Carballo

Este luns rexistráronse dous incendios forestais nos concellos de Carballo e A Laracha. Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o da parroquia carballesa de Noicela segue activo e, segundo as estimacións provisionais, supera as 20 hectáreas.

Na súa extinción mobilizáronse, polo de agora, catro axentes, un brigada, unha motobomba, dous técnicos, un helicóptero, tres unidades técnicas de apoio e catro avións.

Pola súa banda, en Caión (A Laracha) detectouse un lume ás 13.21 horas. Nas tarefas de extinción traballan dous helicópteros, cinco motobombas, seis brigadas, dous axentes e unha pa.

Teléfonos gratuítos

Dende a Consellería do Medio Rural lembran que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Tracking Pixel Contents