ASTROTURISMO
Malpica prepárase para mirar ao ceo cunha xornada formativa sobre o eclipse total
A cita é o venres, día 10 ás 18.00 horas, no Centro Cívico

Vista do ceo nocturno dende o faro de Punta Nariga, en Malpica. / AACM
A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, co patrocinio do Concello de Malpica, organizará o venres, día 10 ás 18.00 horas, a xornada formativa O eclipse total. Unha oportunidade única: que é e como gozalo.
A cita é no Centro Cívico de Malpica e exercerá como relator Óscar Blanco Varela, director do Centro Astronómico de Trevinca, presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, astrofotógrafo, monitor Starlight, divulgador astronómico e cazador de eclipses con máis de 25 anos de experiencia na maleta.

Cartel promocional sobre a xornada formativa para gozar do eclipse. / Cedida
No acto intervirán tamén a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio, Deportes e Turismo, Noelia Freijeiro Novo, e a presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, Yolanda Díaz.
O curso de formación é gratuíto e hai que inscribirse no departamento de Cultura, no concello de Malpica, chamando ao 981 70 71 04 (de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas) ou a través do correo anton.noceda@malpicadebergantinos.es. Os interesados tamén poden dirixirse á Asociación de Astroturismo Costa da Morte: astroturismocm@gmail.com
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas