MARISQUEO
O BNG demanda á Xunta axudas complementarias para as mariscadoras de Camariñas
Solicita ademais un plan específico para rexenerar e recuperar os bancos marisqueiros

Xurxo Rodríguez, á dereita, e Oscar Insua, segundo, con mariscadoras de Camariñas. / BNG
O deputado do BNG, Oscar Insua, urxe á Xunta a crear unha liña de axudas complementaria ás do ISM para as mariscadoras de Camariñas durante todo o período de veda extraordinaria acordado pola Consellería do Mar.
Así mesmo, solicita que o goberno galego elabore un plan específico de rexeneración e recuperación dos bancos marisqueiros na ría camariñá.
O 11 de marzo aprobouse definitivamente a adaptación do plan de xestión de moluscos bivalvos a pé e desde embarcación en zonas de autorización da Confraría de Camariñas, suspendendo a actividade extractiva dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2026, establecendo unha veda extraordinaria nese período.
Falla de alternativas
A formación nacionalista indicou que esta modificación fará posible que as mariscadoras poidan solicitar as axudas polo cese da actividade no ISM, "ante a falla de alternativas da Consellería do Mar e ante a inexistencia dunha orde de axudas específica para este colectivo".
Ademais, o BNG lembra que no Consello da Xunta do pasado 23 de marzo anunciáronse medidas para a recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros afectados polos temporais das últimas semanas, por contía de 22,7 millóns de euros.
Chamada ás mariscadoras
"Ao día seguinte de publicar o anuncio das axudas, dende a consellería chamaron as mariscadoras de Camariñas para dicirlles que non solicitaran as axudas ao ISM polo cese da actividade, que esperaran a ver se entraban nesta última liña de axudas. Días despois, volven a chamarlles para comunicarlles que non entran e que soliciten as do ISM. A escusa é que non existe mortaldade nin severa nin moderada”, indican dende o BNG, que considera que "era algo previsible, pois non había nada para morrer, como xa sabían desde a Xunta".
Oscar Insua manifestou que "a Xunta e o PP teñen que explicar que problema hai coas mariscadoras de Camariñas para que queden sempre fóra das axudas que sacan; este maltrato non é normal".
Críticas á Xunta
Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG de Camariñas, Xurxo Rodríguez, afirmou que "a situación do marisqueo na nosa ría vén dada pola nefasta actuación da Xunta, que leva escapando deste problema desde hai moito tempo e non foi capaz de ofrecer unha solución definitiva para recuperar os bancos marisqueiros".
Criticou ademais o comportamento da Consellería do Mar coas mariscadoras. "É denigrante, humillante e unha burla reiterada contra un colectivo que o único que pretende é traballar para manter unha actividade que é o sustento do seu futuro laboral e económico", concluíu.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año