FEIRA DAS PUNTILLAS
O encaixe move masas: 23.440 visitantes en Camariñas
O espectáculo 'Fíos de salitre' e a actuación de Antía Muíño pecharon unha exitosa Mostra

Espectáculo de 'Fíos de Salitre' na pasarela de Camariñas. / Cedida
Un total de 23.440 persoas quixeron estar Onde o fío se converte en arte e confirmaron á tendencia á alza da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que continúa medrando ano a ano, consolidada xa como unha das propostas de ocio e cultura de referencia na Semana Santa en Galicia.
Outro ano máis, destacou sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.760 persoas entraron ao recinto. O segundo mellor día foi o xoves, con 6.054 asistentes.

Espectáculo 'Fíos de Salitre' de Mascarada O Cansorriño. / Cedida
Ademais, o mércores, o sábado e o domingo rexistráronse os números máis altos desde o ano 2011. O mércores visitaron a Mostra 1.700 persoas, o sábado 4.669 e o domingo fixeron o propio 4.256 persoas.

Antía Muíño pechou coa súa música a XXXV Mostra do Encaixe. / Cedida
A Mostra, que deixou unha elevada afluencia de visitantes no municipio, "segue a afianzarse como un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas, pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos do mundo", subliñan dende o Concello.

A palilleira Lucita Figueroa no desfile de Encaixeiras Sénior. / Cedida
O peche a esta trinta e cinco edición estivo amenizado polo espectáculo Fíos de Salitre, de Mascarada O Cansorriño, os desfiles de PequEncaixe e Encaixeiras Sénior, e a actuación de Antía Muíño.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas