OBRAS
Zas reabre o Platas Reinoso tras un investimento de 800.000 euros en infraestruturas deportivas
A xornada acolleu varios partidos de fútbol e unha churrascada popular

O alcalde, Manuel Muíño, á esquerda, no acto de reapartura do Platas Reinoso. / Cedida
O Concello de Zas inaugurou o renovado Estadio Municipal Platas Reinoso, en Baio, nun acto que resultou todo un éxito de participación e que congregou a un gran número de veciños e veciñas que encheron as instalacións deportivas.
A actuación enmárcase dentro dunha aposta firme do Concello de Zas pola mellora das infraestruturas deportivas "como motor de desenvolvemento social, promoción da saúde e dinamización da vida local". Nos últimos anos, o goberno municipal investiu 800.000 euros en distintas actuacións, "situando a Zas entre os concellos que máis esforzo económico realizan neste ámbito na Costa da Morte", subliñan.
Céspede de última xeración
Os traballos incluíron a renovación integral do céspede dos dous campos municipais de fútbol, destacando no caso do Platas Reinoso a instalación dun céspede de última xeración que sitúa o estadio á vangarda das instalacións deportivas da comarca. Tamén se acometeron melloras nos espazos anexos, co obxectivo de ofrecer instalacións máis cómodas, accesibles e funcionais. Ademais, realizáronse importantes actuacións nos pavillóns municipais, como o cambio das cubertas en Baio e Zas.
O evento contou coa presenza do alcalde, Manuel Muíño, así como do presidente da Xunta Xestora da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o delegado da RFGF na Coruña e na Costa da Morte, Manuel González Corredoira.
Ambiente festivo
A xornada deu comezo cun partido das categorías inferiores do Club Deportivo Concello de Zas e cun encontro amigable que enfrontou a un combinado de veteranos do CD Baio e do Sporting Zas fronte a xogadores do equipo sénior de ambos clubs. Ademais, a celebración completouse cun ambiente festivo no que non faltou unha churrascada popular para todos os asistentes.
O alcalde subliñou que "este é o resultado do importante esforzo inversor realizado nos últimos anos en materia deportivas", e agradeceu "a colaboración do Sporting Zas, que acolleu ao CD Baio durante o tempo que duraron as obras".
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias