SANIDADE
Costa da Morte terá que seguir esperando por unha ambulancia medicalizada
O PSOE acusa ao PP de tratar aos veciños da zona como "cidadáns de segunda"

A petición do PSOE dunha ambulancia medicalizada non prosperou no Parlamento. / Cedida
A deputada socialista Patricia Iglesias acusou ao PP e ao goberno galego de tratar aos 110.000 veciños e veciñas da Costa da Morte e Bergantiños como "cidadáns de segunda" ao negarlles unha ambulancia medicalizada permanente.
Así o dixo logo de que os populares rexeitaran hoxe no Parlamento a proposta que levou á Comisión de Sanidade para reivindicar este "recurso sanitario fundamental".
Iglesias lembrou que as probabilidades de supervivencia dun infarto aumentan ao 80 por cento cando son atendidos nos primeiros 3 a 5 minutos, e "na Costa da Morte a ambulancia medicalizada tarda preto dunha hora en chegar dende a súa base no Hospital da Coruña".
Puxo como exemplo o accidente do pasado xoves en Coristanco, no que faleceu un veciño de Carballo "e o seu compañeiro ferido tivo que agardar dúas horas á chegada da ambulancia".
Avaliación de tempos
A responsable socialista acusou ao PP de deixar "esquecidos" a Bergantiños e á Costa da Morte mentres se limitan a "xustificar a inacción" porque "non hai planificación seria, non hai avaliación transparente dos tempos de resposta nin vontade política real de corrixir esta desigualdade". Advertiu que neste caso "están votando sobre vidas, sobre tempos de resposta e sobre oportunidades de sobrevivir".
Apoio dos concellos e da Deputación
Lamentou que o PP votara en contra desta proposta que si foi aprobada por unanimidade nos concellos de Carballo, Coristanco e Malpica, e apoiada pola Deputación da Coruña coa única abstención do PP.
Iglesias criticou que o propio portavoz do PP en Carballo e deputado autonómico, Rubén Lorenzo, non participara no debate "no que o PP votou en contra dunha iniciativa que el mesmo apoiou no seu Concello".
Denunciou que o PP "non quere priorizar unha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte e Bergantiños" coa escusa da falla de recursos, que "sen embargo si que teñen para incrementar os concertos sanitarios".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas