ARTESANÍA
A historia de 'Mar de Hielo', a xoia con encaixe máis íntima da camariñana Josefina Campaña
Tras debutar na pasarela da Mostra optará aos Premios Artesanía de Galicia

Josefina Campaña amosando a gargantilla 'Mar de Hielo' na Mostra do Encaixe. / Cedida
A artesá Josefina Campaña, á fronte da firma Ondas do Mar, que participou por primeira vez no desfile de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas, eleva o encaixe aos Premios Artesanía de Galicia cunha peza única: a gargantilla Mar de Hielo.
A peza é moito máis ca unha xoia de vangarda; é unha sentida homenaxe. Tal e como explica a propia creadora, o colar está dedicado "a todos os mariñeiros que xa non están, que marcharon por desgraza no mar ou aos que xa lles tocou irse, e aos que quedan a día de hoxe". Pero, por riba de todo, é un tributo moi persoal ao seu pai, o mariñeiro Ramón Campaña, coñecido na vila co alcume de O Ulludo.
Á elaboración desta gargantilla exclusiva adicou máis de tres meses de intenso traballo no taller, empregando fíos especiais para acadar o espectacular resultado final.
Unha vida ligada ao mar
O vínculo de Josefina co mar vai moito máis alá da estética da súa marca. Filla e familiar de mariñeiros —pertence á coñecida familia dos Campaña de Camariñas—, a artesá, ademais de ser profesora de palillo e ter estudado tres anos de deseño, conta co título de patrón e motorista de barco.
"Nun principio da miña vida quería ser mariñeira. A día de hoxe iso cambiou, conseguín saír de cousas tristes, logrei poñer fío ás ondas do mar e dedicarlle a meu pai esta gargantilla", confesa emocionada.
Amor polas raíces
Mar de Hielo convértese así no testemuño físico dese inmenso amor polas raíces. Este mesmo sentimento foi o que a levou a dedicarlle tamén ao seu pai o seu recente libro, De nena, artesá a muller.
Tras o frenesí da Mostra e o recoñecemento do seu traballo, Josefina agarda agora compartir esta xoia para "ensinarlle ao mundo enteiro a gargantilla Mar de Hielo", demostrando unha vez máis que o encaixe de Camariñas é unha arte viva capaz de contar as historias máis profundas e auténticas da Costa da Morte.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle