Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Maxia, cerámica e robótica para celebrar o Mes do Libro nas bibliotecas de Dumbría

As actividades desenvolveranse nos cinco centros de lectura do municipio

Biblioteca municipal do Ézaro.

Biblioteca municipal do Ézaro. / Concello de Dumbría

Dumbría

As cinco bibliotecas municipais do Concello de Dumbría acollerán diversas actividades de fomento da lectura con motivo da celebración do Mes do Libro e o Día Mundial do Libro.

Despois da grande acollida que tivo a programación de Semana Santa, con 112 usuarios, o Abril de Libros trae novos talleres ás bibliotecas, coa cofinanciación do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O mércores, día 15, a bilbioteca do Conco acollerá o obradoiro con papel Bestiario animal. Pedras de Papel, para nenos desde os 3 anos, e o martes 21, o mago Pedro Bugarín impartirá un obradoiro de maxia no centro de lectura de Berdeogas.

Cuncas creativas

As actividades continuarán o venres 24 en Olveira co obradoiro de robótica LEGO WeDO. Jóvenes Científicos para rapaces a partir de 7 anos. E o luns, día 27, Muxiarte levará a Buxantes o taller Cuncas creativas: imaxinación en cerámica, a partir de 2 anos. O ciclo pecharase o xoves 30 no Ézaro cun obradoiro de xoguetes de cartón e papel para rapaces de 0 a 3 anos.

Todos os obradoiros se celebrarán ás 18.00 horas, e todas actividades son gratuítas e de aforo limitado, polo que será necesario realizar a solicitude de praza cubrindo o formulario: https://forms.gle/tUZEvY3FZhWsynF19.

Tracking Pixel Contents