CULTURA
Todo o que podes facer en Cee esta fin de semana: novela, monólogo e concerto
José Pardiñas Alvite presenta o venres 'En vísperas de nada'

Sergio Alba trae o sábado a Cee o monólogo 'Dous rombos... Pasa para a cama!'. / Cedida
Cee vivirá outra fin de semana cargada de citas culturais. O venres, día 10 ás 20.00 horas, presentarase no IES Fernando Blanco En vísperas de nada, a novela de José Pardiñas Alvite. O autor estará acompañado pola alcaldesa, Margot Lamela, e o xefe de estudos do instituto, Diego Carril.
Esta é a primeira novela tras a recente xubilación do que fora profesor de automoción no IES Fernando Blanco. Unha obra que é unha viaxe ao mundo rural onde el naceu e se criou, unha meditación sobre o paso do tempo, a soidade e a conexión coa terra. Publicada pola editorial Club Universitario, de Alicante, a novela aborda o declive do rural dende unha fonda conexión coa natureza.
Monólogo cómico
E o sábado 11, ás 20.30 horas no Auditorio Baldomero Cores, Sergio Alba presentará o monólogo cómico Dous rombos. Pasa para a cama!. O músico e humorista de Monterroso transportará aos asistente ata os anos 80 para lembrar aqueles tempos difíciles pero felices.
O protagonista, facendo un xogo de palabras, anticipa a aqueles que aínda non coñecen esta proposta artística que gozarán "dun show no que o pasado, estará moi presente".
As entradas están á venda na biblioteca (anticipada, 8 €) e na taquilla o propio día a 10 euros.
Música en Camiño
O domingo 12, ás 20.00 horas, a protagonista será a música. A Orquestra e o Coro da Universidade de Santiago protagonizarán o concerto Música en Camiño 2026.
A orquestra está formada maioritariamente por estudantes universitarios e membros da comunidade educativa, aos que se suman colaboradores externos, creando un espazo de convivencia musical interxeracional.
Na actualidade, a formación reúne arredor de cen intérpretes no escenario, o que permite abordar repertorio de gran formato con solvencia artística.
No concerto participará a frautista Estela Blanco, nacida en Cee, e o Coro da Universidade de Santiago contará nesta ocasión coa directora convidada Anna Melinkhova, mentras que a Orquestra da Universidade de Santiago, ademáis do seu director titular, Mario Diz, contará como directora convidada con Blanca Belo.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla