Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PATRIMONIO COSTEIRO

A senda do Anllóns de Cabana formará parte do Camiño do Litoral

Xunta e Concello avalían as melloras funcionais e estéticas que deben acometerse

José Muíño, segundo esquerda, e Ángeles Vázquez, segunda dereita.

José Muíño, segundo esquerda, e Ángeles Vázquez, segunda dereita. / MONICA ARCAY

Cabana

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, avaliaron as melloras que precisa un tramo da senda que transcorre ao carón da marxe esquerda do río Anllóns e que está previsto que forme parte do Camiño do Litoral.

Nese senso, a conselleira e o rexedor avaliaron vías de colaboración para acometer melloras funcionais e estéticas no tramo da contorna do Malecón, que dá continuidade ao paseo xa existente nesa zona. En concreto, a actuación consistiría en homoxeneizar o percorrido coas mesmas tipoloxías construtivas e criterios ambientais que o tramo anterior.

Colaboración institucional

Ángeles Vázquez indicou que a consellería podería colaborar no desenvolvemento deses traballos ao abeiro dalgunha das iniciativas deseñadas para a posta en marcha do Camiño do Litoral.

De feito, segundo lle dixo a conselleira ao rexedor, ese itinerario está incluído na proposta de trazado do Camiño do Litoral, que está a deseñar a Xunta para poñer en valor a riqueza ambiental, paisaxística, cultural e etnográfica do patrimonio costeiro galego. En concreto, formaría parte do trazado da etapa entre Corme e Laxe.

Traballo de campo

Nesa liña, fíxose un exhaustivo traballo de campo ao longo de todo o percorrido para coñecer a situación, identificar necesidades e posibles melloras, así como optimizar as accións a acometer aproveitando o xa existente.

A continuación, está previsto acometer traballos de mellora do trazado nalgúns puntos que o necesiten e por en marcha unha aplicación móbil na que se ofrecerá información de interese sobre as distintas etapas ou sobre o patrimonio cultural próximo.

Tracking Pixel Contents