FORO
Alza Voz de Muller regresa a Vimianzo para visibilizar o talento feminino no rural
No encontro haberá relatorios, mesas de diálogo e espazos de networking

A alcaldesa e a edil de Benestar Social coas participantes no Alza Voz do ano pasado. / C. V.
O Concello de Vimianzo aposta pola continuidade do foro de liderado feminino no rural Alza Voz de Muller, un encontro de referencia para mulleres profesionais e emprendedoras do rural, que celebrará a súa segunda edición os días 8 e 9 de maio.
Tras o éxito da primeira edición, que reuniu a máis de 100 mulleres da Costa da Morte e doutros puntos de Galicia, o evento consolídase como un espazo de reflexión, aprendizaxe e conexión arredor dos retos que afrontan as mulleres no ámbito laboral e emprendedor, sempre desde unha perspectiva de xénero.
Tecer redes de apoio
Alza Voz de Muller nace coa vontade de visibilizar o talento feminino no rural, xerar referentes e tecer redes de apoio e colaboración entre mulleres, abordando cuestións clave como o liderado, o acceso a oportunidades, a independencia económica ou os condicionantes estruturais que seguen a impactar nas traxectorias profesionais das mulleres.
Mulleres referentes
O programa incluirá relatorios, mesas de diálogo e espazos de networking, coa participación de mulleres referentes en distintos ámbitos, configurando un espazo de inspiración, aprendizaxe e acción colectiva.
O proxecto está cofinanciado pola Deputación da Coruña e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web oficial: www.alzavozdemuller.com.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días