PATRIMONIO
Cabana honra a memoria de Saturnino Cuíñas cunha casa museo en Cesullas
O Concello transformou a antiga reitoral nun punto de encontro que será inaugurado o venres

A Casa Museo Saturnino Cuíñas será inaugurada o sábado en Cesullas. / Cedida
O Concello de Cabana de Bergantiños inaugurará o venres, día 10 ás 19.00 horas, a Casa Museo Saturnino Cuíñas Lois, un novo espazo recuperado para uso público, que leva o nome de quen foi párroco da localidade e fillo adoptivo do concello.
"Nace coa vocación de converterse nun punto de encontro para a cidadanía, e o edificio dispón de capacidade para acoller actividades culturais, sociais e veciñais", afirman dende o goberno local que preside José Muíño.
Interese patrimonial
A casa museo atópase na antiga casa reitoral de Cesullas, rehabilitada trala súa cesión ao Concello por parte da Igrexa. As obras executadas nos últimos anos permitiron poñer en valor un edificio de interese patrimonial que se atopaba ao bordo da ruína.
Tras traballos na estrutura e na contorna, acometeuse unha segunda fase para rehabilitar o interior do inmoble e poñelo a punto como equipamento público. O investimento ascendeu a 191.059 euros.

Estado no que se atopaba a reitoral antes de ser restaurada. / Cedida
Dende o Concello destacan que a rehabilitación "mantén o patrimonio local dotándoo de novos usos ao servizo da veciñanza, ao tempo que conserva o legado e a memoria de Saturnino Cuíñas, persoa que deixou unha fonda pegada en Cabana de Bergantiños".
Saturnino Cuíñas Lois
Saturnino Cuíñas chegou a Cesullas o 10 de abril de 1931 e, dende aquel momento, entregouse a dinamizar a vida de Cabana. Creou coros parroquiais, achegouse á mocidade e implicouse na atención aos necesitados.
Destacou tamén polo seu interese no folclore, impulsou a romaría de San Fins do Castro e incluso interviu para mellorar as infraestruturas da zona.
O 17 de marzo de 1956 foi nomeado fillo adoptivo pola corporación municipal. Saturnino Cuíñas faleceu o 7 de abril de 1978 tras case medio século de dedicación a Cabana, e cinco anos despois, o 21 de agosto de 1983, foi recoñecido como fillo predilecto do concello.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle