POLÍTICA MUNICIPAL
O BNG leva á Valedora o "incumprimento" da alcaldesa de Cee cos plenos ordinarios
Serxio Domínguez asegura que iso dificulta o labor de fiscalización da oposición

Serxio Domínguez, portavoz do BNG de Cee. / Cedida
O BNG de Cee presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo polo "incumprimento por parte da alcaldesa da periodicidade na convocatoria de plenos ordinarios", e pide que a referida institución recomende á rexedora "que convoque as sesións conforme ao establecido no pleno de organización celebrado o 30 de xuño de 2023, e que lle requira que respecte os dereitos dos membros da Corporación".
O portavoz nacionalista, Serxio Domínguez, indicou que quedou establecido que as sesións ordinarias serían o último venres de cada mes ás 20.00 horas, e se este coincide en festivo o seguinte venres. “Porén, isto non se cumpre en numerosas ocasións, non se respecta a periodicidade de sesións ordinarias, e o funcionamento ordinario do Concello de Cee é totalmente contrario aos dereitos dos concelleiros e concelleiras, obstruíndo e dificultando as súas funcións de fiscalización e control", subliñou.
Lembrou que "a lexislación local establece que os plenos ordinarios deben celebrarse cando así fose acordado polo pleno de organización, e que en ningún caso un pleno extraordinario pode substituír a un ordinario".
O voceiro do BNG ceense considera que ao non respectarse a periodicidade "estase a vulnerar a participación pública dos concelleiros e concelleiras da oposición, xa que ao mudar os plenos de día sen ningún tipo de xustificación, complica a asistencia aos mesmos e dificulta a organización de presentar os asuntos coa antelación suficiente para poder ser tidos en conta, ao non saber cando se van celebrar as convocatorias; e así mesmo impide a presentación de mocións”.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año