MEDIO RURAL
O PSOE da Laracha esixe pasar da reacción á prevención tralos incendios de Caión
A voceira socialista Inés Ramos pide incrementar os medios de vixilancia

Incendio forestal do pasado luns en Caión. / PSOE
O PSOE da Laracha presentou unha moción ante a "profunda preocupación que vive a veciñanza de Caión polos últimos incendios forestais rexistrados na parroquia". A voceira socialista, Inés Ramos, urxe á Xunta de Galicia e ao goberno local a pasar dunha "reacción tardía a unha política de prevención real e permanente".
Lembra que a parroquia viviu nas últimas semanas unha primavera marcada polo lume. "En menos de quince días producíronse dous incendios: un a finais de marzo, que arrasou máis de 33 hectáreas de monte, e outro o pasado 6 de abril, que provocou unha gran columna de fume e tivo afección directa na vida diaria da veciñanza".
Aviso "alarmante"
Inés Ramos asegura que "non estamos ante unha casualidade, senón ante as consecuencias dunha falta de acción sostida no tempo". Para os socialistas, o feito de que estes lumes se produzan xa no mes de abril "constitúe un aviso alarmante do que pode acontecer nos vindeiros meses".
A través da moción presentada, o PSOE insta á Xunta a reforzar as tarefas preventivas, cunha limpeza inmediata da biomasa nas zonas próximas ás vivendas e un incremento dos medios de vixilancia durante todo o ano. Tamén reclama "maior transparencia sobre os últimos incendios, coa remisión de informes detallados que expliquen as súas causas e a superficie afectada".
Plans de autoprotección e evacuación
Outra das demandas recollidas no texto é a posta en marcha de plans de autoprotección e evacuación específicos para Caión e outras zonas con risco elevado, así como avanzar cara a un modelo de loita contra os incendios forestais máis profesionalizado e permanente.
A iniciativa tamén inclúe peticións dirixidas ao goberno municipal da Laracha, ao que se lle solicita "intensificar os traballos de desbroce nos espazos públicos e impulsar campañas informativas para que a veciñanza coñeza as súas obrigas na xestión da biomasa e do monte".
"A veciñanza non pode seguir asumindo o risco mentres as solucións non chegan. Despois do vivido en 2025, non podemos repetir os mesmos erros en 2026", conclúe Inés Ramos.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias