Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xeopolítica, minería e incendios forestais centran o debate no Foro Económico de Galicia, en Muxía

Máis de 70 representantes de empresas, universidades, partidos políticos, organismos e xornalistas danse cita no Parador

Este venres analízanse os desafíos da economía española e a financiación autonómica

Participantes na reunión do Foro Económico de Galicia, celebrada este xoves no Parador de Muxía.

Participantes na reunión do Foro Económico de Galicia, celebrada este xoves no Parador de Muxía. / Uxia Saborido

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muxía

O Foro Económico de Galicia celebrou este xoves a primeira xornada da súa XV Reunión Anual no Parador de Muxía, coa presenza de máis de 70 persoas en representación de empresas, universidades, partidos políticos, organismos internacionais e económicos, e xornalistas.

A relevancia da xeopolítica na situación económica actual marcou boa parte do debate durante a xornada, na que se destacou o trasvase do centro económico mundial hacia Asia, o papel de Europa e Estados Unidos no actual contexto e a necesidade de respostas xeoestratéxicas para limitar a fraxilidade e a incertidume na economía.

Estas foron algunhas das conclusións da primeira das mesas de debate, moderada pola xornalista Lara Graña e titulada Economía global, cadeas de valor e as 3 XEOs: xeoestratexia, xeopolítica e xeoeconomía, que contou coa presenza de Francisco Carballo (Universidade do Minho); María Bastida (Universidade de Santiago de Compostela); Fernando González Laxe (Universidade da Coruña); e María Montalvo Freire (Megasa).

Participantes nunda das mesas de debate.

Participantes nunda das mesas de debate. / Cedida

A segunda mesa foi a titulada Minería en Galicia: retos e proxectos. Nesta sesión, falouse da oportunidade que supón a minería para a economía e a industria galegas, sempre e cando os proxectos sexan executados con transparencia e responsabilidade, cumprindo todas as esixencias legais e de protección medioambiental.

Interviron Emilio Bruquetas (Recursos de Galicia); Alberto Lavandeira (Atalaya Mining); José Manuel Saldaña Oliete (SAMCA); Manuel Soto Castiñeira (Adega e Universidade da Coruña). Estivo moderada pola xornalista Fernanda Tabares.

Xa pola tarde, chegou a quenda do debate sobre os incendios forestais e como abordar as causas e mitigar o seus efectos, coa participación de Edelmiro López (USC); Juan Picos (Universidade de Vigo); Nuria Rodríguez Arias (LugoMadera); e Fantina Tedim (Universidade do Porto). Esta mesa moderouna a xornalista Verónica Núñez e nela falouse, entre outros aspectos, da necesidade de xerar actividade económica no rural para evitar a despoboación e o risco de incendios nestas zonas, un problema xa crónico en Galicia.

Xornada deste venres

Este venres, a primeira mesa será a titulada O bo momento da economía española ante os desafíos globais, con Luiz De Mello (director dos estudos de país da OCDE) e Raymond Torres (director de Conxuntura Económica de FUNCAS). A última das mesas da reunión será sobre financiación autonómica, con Miguel Corgos (Consellería de Facenda); María Cadaval (USC); Santiago Lago Peñas (USC); e Xoaquín Fernández Leiceaga (USC).

Tracking Pixel Contents