Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Laxe impulsa a modernización do seu saneamento con fondos europeos para mellorar as rúas Real e As Rías

Os traballos contan cun investimento de 45.000 euros

Inicio dos traballos de mellora do saneamento en Laxe.

Inicio dos traballos de mellora do saneamento en Laxe. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Laxe

O Concello de Laxe vén de poñer en marcha unha actuación clave para a mellora das infraestruturas hidráulicas do municipio, grazas a unha subvención concedida por Augas de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

O proxecto de mellora das redes de saneamento e augas pluviais nas rúas Real e As Rías ten como obxectivo optimizar o funcionamento do sistema de recollida de augas, mellorando tanto a eficiencia do saneamento como a xestión das augas pluviais.

O investimento é de 45.000 euros. Dende o Concello de Laxe destacan que este tipo de intervencións "son fundamentais para seguir avanzando nun modelo de concello máis sostible e resiliente, mellorando os servizos básicos e adaptando as infraestruturas ás necesidades actuais e futuras da veciñanza".

Tracking Pixel Contents