Arzúa convida a explorar o seu patrimonio a través da fotografía
A iniciativa, organizada por Fotowalk Galicia o pasado sábado, incluíu unha formación, unha visita guiada e un percorrido por enclaves naturais e patrimoniais do municipio
A cita reuniu afeccionados de toda Galicia

Grupo de participantes que gozou da xornada fotográfica celebrada este sábado en Arzúa. / Cedida
Arzúa viviu este sábado unha destacada xornada arredor da fotografía e do descubrimento do territorio coa celebración dun encontro organizado pola comunidade creativa Fotowalk Galicia, impulsada por Sergio García, en colaboración coa Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado.
A cita reuniu participantes chegados desde distintos puntos de Galicia, consolidándose como unha proposta de gran acollida entre afeccionados e amantes da imaxe.

O fotógrafo Joshua Náñez impartindo unha charla sobre fotografía de rúa. / Cedida
A actividade comezou cunha sesión formativa sobre fotografía de rúa, impartida por Joshua Ñañez na Casa de Correos, na que os asistentes puideron afondar en aspectos clave como a captura de momentos espontáneos, o uso da luz, a composición ou a importancia da narrativa visual.
A programación completouse cunha visita guiada polo casco histórico de Arzúa, que permitiu ás persoas participantes coñecer de preto a historia e o patrimonio da vila mentres aplicaban os coñecementos adquiridos durante a charla inicial. A xornada continuou cun percorrido por diferentes enclaves do concello, combinando natureza, etnografía e paisaxe en localizacións como o Castro Curbín, a aldea de Ribadiso, a Fervenza das Hortas, o encoro de Portodemouros, o Enredo do Abelleiro —Museo Vivente do Mel— e a capela da Fonte Santa.
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, puxo en valor a excelente resposta da iniciativa e destacou que este tipo de propostas “contribúen a difundir Arzúa desde unha perspectiva atractiva e auténtica, unindo creatividade, patrimonio e territorio”. Ademais, subliñou que encontros como este permiten “compartir experiencias, xerar novas miradas sobre o concello e seguir situando Arzúa como un destino con moito que ofrecer durante todo o ano”.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»