SERVIZOS
Baio alza a voz contra a falta de pediatras e médicos na Costa da Morte
SOS Sanidade Pública denuncia o "desmantelamento” da Atención Primaria

Concentración diante do centro de saúde de Baio, en Zas. / Cedida
A Plataforma SOS Sanidade Pública Costa da Morte denunciou diante do centro de saúde de Baio (Zas) "o proceso de desmantelamento que está a sufrir a Atención Primaria na nosa comarca". Asegura que "a falta de profesionais é alarmante, especialmente no caso da pediatría, o que obriga a que as nenas e nenos teñan que desprazarse fóra do seu concello para seren atendidos".
O colectivo sinala ademais que "as listas de agarda para unha consulta médica superan incluso os 15 días, impedindo unha atención axeitada e a tempo". No caso de centros de saúde, como o de Zas, engade "hai prazas médicas sen cubrir o que sobrecarga ao único profesional dispoñible".
Máis recursos
Denuncia tamén que no Hospital Virxe da Xunqueira, servizos coma os de Hospitalización a domicilio ou Psiquiatría, "son totalmente insuficientes", e por iso esixen "incrementar os recursos da Atención Primaria ata o 25% do orzamento sanitario" e que se garanta a accesibilidade e a continuidade asistencial con máis profesionais, entre outras demandas.
Apoio do BNG
O BNG de Costa da Morte arroupou a concentración, na que participaron medio cento de persoas. O deputado nacionalista Oscar Insua afirmou que "como pode o PP dicir que o servizo se presta con normalidade, se hoxe mesmo no centro médico de Baio daban cita para dentro de dúas semanas? É un escandalo, e ademais minten sen avergonzarse".
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- El ascenso del Obradoiro a la Liga ACB inyectará más de tres millones de euros a la economía de Santiago
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- La Xunta destina tres millones al Bono Emancípate tras superar las 3.600 solicitudes
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- O traspaso dunha licenza concedida hai dúas décadas permitirá construír 41 vivendas nun esqueleto inacabado en Ames