CULTURA
Un espectáculo para remover conciencias: 'En carne viva' chega a Cee
Á función asistirán estudantes de ESO de tres centros educativos

Bengala Teatro presenta en Cee 'Carne viva'. / Cedida
En carne viva, a primeira obra da compañía emerxente Bengala Teatro Físico, chega mañá ao Auditorio Baldomero Cores de Cee, ás 12.00 horas.
O espectáculo, aberto á cidadanía en xeral, forma parte do Circuíto en Igualdade da Deputación de A Coruña, e asistirán alumnos da ESO do Colexio Manuela Rial Mouzo e do IES Fernando Blanco, de Cee, e Fin do Camiño, de Fisterra.
Fomentar o espírito reflexivo
A compañía formada pola directora An González e as actrices Andrea Maseda, Anna Aycoberry, Alicia López, Estela del Río e Estrella Tomé.
Este grupo de artistas multidisplinares (teatro, danza, audiovisuais) xúntase neste proxecto común co propósito de investigar as problemáticas sociais máis alarmantes da actualidade e trasladarllas ao público a través dun impacto xerado polo traballo físico e visual, que fomente o espírito reflexivo e o pensamento crítico.
En carne viva pon o foco en realidades do noso presente como a disforia de xénero, a frustración, o amor, o suicidio e a xuventude, formulando unha cuestión central ao público: Ata onde podemos presionar a un ser humano para que faga o innomeable?
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- A Merced de Conxo brilla entre tradición, música y baile para despedir las fiestas del verano en Santiago
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Un tobogán gigante, karts, un toro mecánico y más de 30 actividades gratis: la gran fiesta que llega a As Cancelas
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas