A gastronomía galega deixa pegada no 39º Salón Gourmets de Madrid
Este luns foi a primeira xornada da Deputación da Coruña neste evento, no que participa por segunda vez
O vicepresidente provincial, Xosé Regueira, destaca o interese profesional xerado arredor dos produtos galegos e as súas elaboracións

O carballés Adrián Felípez, do restaurante Miga (A Coruña), presentou as súas propostas culinarias. / CEDIDA
A Deputación da Coruña completou hoxe a primeira xornada da súa participación no 39.º Salón Gourmets, a feira internacional de alimentación e bebidas de alta gama que se celebra ata o xoves no recinto feiral de Ifema, en Madrid, cun amplo programa de actividades orientadas á promoción do produto local e da gastronomía da provincia.
Ao longo da xornada, o espazo da Deputación, baixo o lema "A paisaxe que sabe", acolleu diferentes propostas gastronómicas e divulgativas que permitiron amosar a diversidade e calidade da produción agroalimentaria coruñesa. A programación arrincou cunha degustación de café de especialidade de Cafés Aruba acompañada de tiramisú de café, seguida do relatorio e cata de viños impartidos por Luís Padín baixo o título Betanzos: territorio branco lexítimo.
Xa en horario de mediodía, Noelia Rodríguez, do restaurante Casa Peto (Outes), protagonizou dous showcookings nos que elaborou mexillón en escabeche Leocadia e tosta de sardiña afumada de Portosín. Pola tarde foi a quenda do carballés Adrián Felípez, do restaurante Miga (A Coruña), que presentou elaboracións como peixe do día curado en auga de mar, sopa de xunco mariño e herbas do litoral escabechadas, e terrina de cabeza de porco celta con guiso de grelos e caldo de cocido.

Noelia Rodríguez, do restaurante Casa Peto (Outes), protagonizou dous showcookings. / CEDIDA
A programación completouse con presentacións e degustacións de Gallegas de Nata (A Coruña) e A Conserveira (Ribeira), así como cunha proposta de Chichalovers (Santiago) arredor do bocadillo de rixóns, cogombros agridoces e salsa chipotle.
O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, valorou moi positivamente esta primeira xornada e destacou que «esta feira e a afluencia de público demostran o tirón da gastronomía galega e, sobre todo, do noso produto».
Neste sentido, subliñou tamén o interese profesional xerado ao redor do espazo provincial, apuntando que foron numerosas as persoas vinculadas ao sector, especialmente da distribución, que se achegaron ao expositor da Deputación para coñecer de primeira man as propostas presentadas polas empresas que participan con "A paisaxe que sabe".
Regueira puxo ademais en valor o labor desenvolvido polos chefs presentes nesta edición e salientou que «a parte de restauración que nos acompaña está facendo un traballo magnífico», xa que permite ao público profesional «ver o produto e probalo en fresco directamente da man dunha cociña de primeiro nivel». O vicepresidente destacou especialmente o papel de Noelia Rodríguez e Adrián Felípez, que ao longo desta xornada «están resaltando o produto, o territorio e as posibilidades da nosa gastronomía e da provincia como destino turístico».
Programación do martes
A Deputación da Coruña seguirá en Gourmets cunha intensa actividade o martes, mércores e xoves. Mañá volverá comezar cunha nova degustación de café de especialidade ás 11.00 horas e, ás 12.00, o relatorio e cata Barbanza e Iria: a expresión do albariño, tamén a cargo de Luís Padín. A partir das 13.00 horas repetiranse os showcookings de Noelia Rodríguez, mentres que Adrián Felípez ofrecerá novas creacións gastronómicas con pratos como guiso de mexillón encebolado, xema e broa de Carballo, e repolo estofado, sopa de berberechos e codium. A xornada pecharase coas degustacións de Gallegas de Nata, A Conserveira e Chichalovers.
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Ni un solo ladrillo: así es la espectacular Casa Caracola a una hora de Santiago que desafía la arquitectura
- Santiago arrasa en los Premios 'Próximos' de Arquitectura: estas son todas las obras distinguidas
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Héctor Galán y la plantilla ACB del Obradoiro: “Quintela, Barcello y Barrueta tienen contrato para el año”
- Los libros más difíciles de encontrar toman la Alameda de Santiago
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
- Entramos en uno de los pisos okupados de Bertamiráns