POLÉMICA
Medio Ambiente di que a tramitación do proxecto da planta de Cacheiras foi “garantista”
O PSOE pide unha "rectificación" á conselleira e que a alcaldesa "se poña do lado da veciñanza"

Concentración de veciños que se opoñen á planta de Feros, en Cacheiras. / ECG
Redacción
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático insiste en que o proxecto de instalación dunha planta de xestión de residuos de construcción en Cacheiras (Teo), ao igual que o resto de proxectos que son declarados ambientalmente viables, "foi estudado polos técnicos da Xunta co máximo rigor e profesionalidade".
"Non podía ser doutro xeito, xa que calquera iniciativa empresarial que se queira instalar no territorio galego é sometida a unha estricta tramitación ambiental totalmente garantista, na que se recompilan todos os informes sectoriais e a información necesaria para garantir que cumpre coa lexislación vixente", engaden.
Non se prevén efectos adversos
Subliñan que foron precisamente eses informes os que determinaron que se lle dera luz verde ambiental a esta iniciativa cuxo informe de impacto ambiental (IIA) conclúe que "non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada como na propia resolución autonómica".
En calquera caso, recordan que o IIA, que se limita única e exclusivamente a analizar a viabilidade do proxecto desde o punto de vista da súa compatibilidade coa protección ambiental, "non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto".
Respecto ás inquedanzas veciñais
Dende a consellería din "comprender e respectar as inquedanzas veciñais ante un proxecto destas características" e, nese sentido, a conselleira xa manifestou a súa disposición a facilitar toda a información da que dispón a Xunta.
Lembran que "non hai que esquecer que o documento ambiental foi público e estivo dispoñible para a súa valoración e consulta por parte de calquera persoa e, no marco dese proceso de participación, non se recibiu ningún escrito ou alegación ao respecto".
O PSOE esixe unha rectificación
Pola súa banda, o PSOE de Teo esixe que a conselleira de Medio Ambiente rectifique as súas "fondamente desafortunadas" declaracións. A súa voceira, Mayte Argibay lamenta que "reduza a preocupación da veciñanza á creación de plataformas cada vez que se queira instalar algo".
"Non só é inxusto, senón que denota unha preocupante falta de respecto cara á participación cidadá", advirte Argibay. "Defender o territorio, a saúde e a calidade de vida non é un capricho, é un dereito", engade.
Do mesmo xeito, considera "insuficiente" a postura da alcaldesa, Lucía Calvo, "quen afirma estar ao lado da veciñanza mentres se limita a lembrar que a tramitación corresponde á Xunta e que hai que cumprir a lei".
Por iso, os socialistas esixen á rexedora "que se poña do lado da veciñanza e do resto de grupos políticos na loita en contra da instalación da planta de residuos en Feros".
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- El pueblo a 20 minutos de Santiago donde comer callos hasta hartarse por 5 euros este septiembre: pazos centenarios, música y naturaleza
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson