Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INICIATIVA

Chamamento en Muxía para evitar a perda dun patrimonio único: os secadoiros de congro

O BNG pide ao Concello que negocie cos propietarios para recuperarlos e convertelos en espazos de interese cultural

Estado actual dun dos tradicionais secadoiros de congro de Muxía.

Estado actual dun dos tradicionais secadoiros de congro de Muxía. / BNG

Muxía

O BNG de Muxía insta ao Concello a realizar, á maior brevidade, xestións para establecer acordos coas familias propietarias dos secadoiros de congro, que permitan "recuperalos e convertelos en espazos de vida e punto de atracción".

Propón ademais solicitar axudas e apoio da Deputación da Coruña, Xunta e Goberno do Estado "para garantir a conservación do patrimonio paisaxístico, cultural e etnográfico ligado a estas instalacións".

Asemade, o BNG pide ao Concello que promova unha investigación sobre o secado do congro como sistema de conservación, o proceso de adquisición, o procesado e comercialización, a relación histórica con outros lugares, a importancia económica e social na historia muxiá, a súa relación co traballo das mulleres, os materiais empregados e as técnicas propias no proceso de secado.

Secado de congros nun dos últimos secadoiros que estivo activo en Muxía.

Secado de congros nun dos últimos secadoiros que estivo activo en Muxía. / C. Muxía

Os nacionalistas consideran que hai que contemplar a dotación de recursos estruturais para favorecer que se poida seguir secando congro en Muxía, como actividade económica ou con fins educativos, aberto á veciñanza, estudantes e persoas visitantes, para integrar esta riqueza patrimonial no circuíto cultural local.

A portavoz municipa, Mercé Barrientos, afirma que "entendemos, ao igual que a veciñanza, que os secadoiros son un elemento do noso patrimonio cultural que non pode quedar esquecido e desaparecer; están no noso ADN cultural e social".

Dignificar o sistema tradicional de conservación

Subliña que "cremos que o Concello debe de tomar medidas claras para preservar os valores culturais desta actividade". E tamén pensa que as autoridades municipais deben de guiar un proceso para declarar o congro seco como "alimento con características tradicionais, para tentar dignificar e pór en valor este sistema tradicional de conservación".

"Sería conveniente asociar a Festa do Congro con algo máis cunha comida na lonxa. Poderían facerse obradoiros e demostracións de como se secaba o congro, ademais de colgada de produto nas cabrias e con efecto sobre a paisaxe. En definitiva, unha actuación máis integral e multisectorial", conclúe Barrientos.

Tracking Pixel Contents