SERVIZOS
Costa da Morte terá unha base estable de Vixilancia Aduaneira en Cee
O BNG asegura que unha patrulleira estará no porto de Brens e Camariñas acollerá outra embarcación

Modelo de embarcacación como a que está previsto que opere na Costa da Morte. / Cedida
O BNG asegura que, "despois de trinta anos de espera", a Costa da Morte contará cunha base estable do Servizo de Vixianza Aduaneira no porto de Brens (Cee) e cunha patrulleira que garantirá un control de toda a zona costeira entre Fisterra e Laxe, "que ata o momento era un punto cego na vixilancia marítima".
A zona norte, afirman, estará apoiada pola Base marítima da Coruña, e contará con embarcacións tanto en Muros como en Camariñas. Esta medida, afirman os nacionalistas, "intégrase nun proceso de reorganización coordinado a nivel central e pola Delegación Especial de Galicia e pola Dirección Adxunta de Vixilancia Aduaneira do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, que contemplou o reforzo de medios materiais, con especial atención á zona da Costa da Morte".
Tres embarcacións
Prevese que, tras a reorganización, "estean operativas no ámbito da Costa da Morte tres embarcacións: unha modelo Rodman 33 (semirríxida cabinada de 33 pés), unha Rodman 101 (patrulleiro de altura de 101pés) e unha embarcación semirríxida non cabinada. "A primeira é a mesma que xa está operando en Muros; a patrulleira terá base en Brens, e a última irá para a ría de Camariñas", afirman.
Satisfacción no BNG
O deputado Oscar Insua, que presentou nesta lexislatura as primeiras iniciativas no Parlamento galego, ademais de canalizar a demanda no Congreso en Madrid, manifestou que "estamos moi satisfeitos co conseguido. Non foi sen tempo, pero a espera pagou a pena. Por fin, o Goberno do estado cumpre cunha demanda histórica da nosa comarca".
Agora, engade, "imos seguir traballando para que entre a funcionar canto antes a unidade administrativa, e para que traian unha patrulleira en condicións, non un barco antigo dos que rexeitan noutras bases".
Por último, Insua declarou que "estes logros son os que fan útil ao BNG na Costa da Morte, demostran que o traballo constante e perseverante acaba tendo os seus resultados e axudan a seguir traballando por mellorar o futuro da nosa comarca".
- Os Biosbardos, la innovadora huerta ecológica coruñesa que surte a Inditex y prepara un 'Amazon de leira'
- Sobrevivir a flote: la historia de un okupa con permiso para vivir en un viejo barco
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- El chiringuito a 40 minutos de Santiago con un jardín secreto bajo los árboles: así es el rincón más caribeño de la ría de Arousa
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La precampaña se sienta al pulpo en la carballeira de Santa Susana el día de la Ascensión
- Casa 2M e Medio
- La Xunta dará «ayudas directas» a promotores para construir viviendas