AXUDAS
Máis de 70.000 euros para mellorar espazos culturais de cinco concellos da Costa da Morte
A Laracha moderniza e mellora a accesibilidade da Casa da Cultura co apoio da Xunta

Belén do Campo e José Manuel López, á esquerda, na renovada Casa da Cultura. / X. G.
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde da Laracha, José Manuel López, visitou a Casa de Cultura na que se levaron a cabo obras para mellorar a súa accesibilidade cunha aportación autonómica de 10.000 euros a través das axudas, en concorrencia competitiva, para modernizar e acondicionar espazos de xestión municipal, da Consellería de Cultura. O investimento total da actuación en colaboración co Concello foi de máis de 23.300 euros.
Entre as actuacións executadas destacan a renovación do espazo escénico mediante o pintado en cor negra dos paramentos, teitos, rieles e estrutura da pantalla, o que contribúe a optimizar as condicións técnicas do escenario.
Ademais, procedeuse á adquisición e instalación de novo equipamento de son e iluminación, incluíndo unha mesa de mesturas dixital, un caxetín dixital e tres focos de iluminación.

Unha das melloras foi a instalación dunha plataforma vertical no escenario. / X. G.
Un dos elementos máis salientables da intervención é a incorporación dunha plataforma vertical móbil de curto percorrido no escenario do auditorio, unha solución que mellora significativamente a accesibilidade. Este dispositivo permite ás persoas usuarias superar as diferenzas de altura de maneira autónoma, garantindo así a igualdade de acceso e a inclusión.
Grazas a estas actuacións, "a Casa da Cultura da Laracha reforza a súa funcionalidade e capacidade para acoller eventos, contribuíndo a ampliar e consolidar a oferta cultural do municipio", subliñou Belén do Campo.
Dinamización da lectura
A delegada autonómica lembrou que o Concello larachés recibiu tamén unha achega de máis de 1.500 euros do programa de subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego, outra de case 2.500 para a mellora das súas coleccións bibliográficas e máis de 2.400 euros para dinamización da lectura en bibliotecas públicas ou axencias de lectura, o que eleva os apoios directos da Consellería de Cultura a case 16.400 euros.
Do Campo sinalou que en Galicia se melloraron o ano pasado 37 infraestruturas, cun orzamento de 500.000 euros. Na provincia da Coruña contaron con estes apoios 20 municipios por un importe de máis de 181.000 euros, e na Costa da Morte beneficiaronse destas axudas os concellos de Cee, Corcubión, Muxía, Zas e Laracha, por un importe de preto de 71.000 euros.
Nova orde 2026
Por outra banda, Belén do Campo lembrou que a Xunta de Galicia destina outros 500.000 € no 2026 para colaborar cos concellos na mellora dos seus espazos culturais. O prazo para solicitar estas achegas estará aberto ata o 30 de abril.
As subvencións, que poderán ser de ata 30.000 €, tamén se poderán destinar a investimentos en equipamento escénico, audiovisual, de iluminación e son.
Inclúese a instalación de sistemas de prevención e seguridade, as accións encamiñadas á mellora da accesibilidade, como a supresión de barreiras arquitectónicas, e medidas de eficiencia enerxética dos edificios.
- Os Biosbardos, la innovadora huerta ecológica coruñesa que surte a Inditex y prepara un 'Amazon de leira'
- Sobrevivir a flote: la historia de un okupa con permiso para vivir en un viejo barco
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- El chiringuito a 40 minutos de Santiago con un jardín secreto bajo los árboles: así es el rincón más caribeño de la ría de Arousa
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La precampaña se sienta al pulpo en la carballeira de Santa Susana el día de la Ascensión
- Casa 2M e Medio
- La Xunta dará «ayudas directas» a promotores para construir viviendas