MALESTAR
A Laracha alza a voz: veciños e políticos unidos contra a planta de biogás de Soandres
Manifestaron o seu rexeitamento ao proxecto nunha concentración á que se sumaron o BNG e Adega

Concentración veciñal en Soandres en contra da planta de biogás. / Cedida
Ducias de veciños e veciñas da parroquia de Soandres, na Laracha, concentráronse para amosar o seu rexeitamento á implantación dunha planta de biogás no lugar de Vista Alegre. Ao acto de protesta sumáronse representantes do BNG e de Adega.
Os asistentes amosaron as súas inquedanzas e preocupacións polo proxecto, que tamén foi rexeitado, de forma unánime, por todos os grupos da Corporación municipal da Laracha.

Un momento da xuntanza veciñal en Soandres. / Cedida
Na xuntanza informouse sobre os trámites que están en proceso para a instalación da planta e os efectos medioambientais negativos para a contorna da zona. "A fábrica de biogás sería implantada ao carón do río Anllóns e preto do lugar onde existen vivendas de veciños e veciñas de Soandres", afirman.
Demanda dunha regulación
A portavoz municipal do BNG, Carolina Castiñeiras, alégrase de que toda a Corporación estea de acordo en dicir non á planta, "mais agora agardamos que todos os partidos políticos manteñan a coherencia na súa postura e voten no Parlamento galego o mesmo: a favor dunha regulación que protexa á veciñanza deste tipo de instalacións contaminantes e en contra do espolio da nosa terra por parte de empresas foráneas".
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- Netflix busca en Galicia figurantes para rodar el final de ‘Clanes’ cerca de Santiago: esta es la profesión muy arraigada que piden
- PP y Espazo Común critican la falta de transparencia en la apertura del aparcamiento municipal de pago en Milladoiro