Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CENTENARIOS DA LARACHA

Marcelino Sánchez celebra os 101 anos con saúde, lucidez e o cariño dos seus en Caión

O alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en nome do Concello

Marcelino, co alcalde, dous edís e os seus familiares celebrando os 101 anos.

Marcelino, co alcalde, dous edís e os seus familiares celebrando os 101 anos. / Cedida

A Laracha

O larachés Marcelino Sánchez Blanco cumpriu 101 anos de idade. Natural do lugar de Rebordelos (Carballo) e carpinteiro de profesión, emigrou a Suíza nos anos 60, etapa na que foi construíndo a súa vivenda na Pedreira, parroquia de Caión, onde reside desde 1969 xunto á súa muller Magdalena.

Acompañado por boa parte da familia, Marcelino celebrou o aniversario en moi bo estado de saúde, destacando pola súa lucidez e vitalidade.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Rocío López e Alberto Blanco, trasladáronse ata o seu domicilio para felicitalo persoalmente, facéndolle entrega dunha placa conmemorativa en nome do Concello.

Trece centenarios

Na actualidade, no termo municipal hai empadroadas trece persoas que superan os cen anos de vida, dez mulleres e tres homes. Marcelino é o segundo varón máis veterano entre os residentes no concello.

Tracking Pixel Contents