MAR
A confraría de Laxe aposta polo futuro do mar cun viveiro pioneiro de poliquetos
A Xunta apoiou con máis de 270.000 euros a súa aposta pola diversificación

Ángeles V. Suárez, e o alcalde de Laxe, Francisco Charlín, no viveiro de poliquetos. / X. G.
A confraría de pescadores de Laxe modernizou as instalacións portuarias e habilitou un viveiro experimental de poliquetos coas axudas, por valor de máis de 270.000 euros, recibidas da Xunta de Galicia nos últimos anos.
O pósito laxense desenvolveu un proxecto de innovación pioneiro na zona: un viveiro experimental para o mantemento e engorde de poliquetos (vermes mariños).
Unha iniciativa que permitiu recuperar unha nave en desuso no porto de Laxe para transformala nun centro produtivo grazas aos apoios ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo e cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA).

A directora xeral, segunda esquerda, co patrón maior e o secretario da confraría. / X. G.
O proxecto consiste nunha instalación en circuíto aberto dedicada á cría de cebo vivo para a pesca, un produto de alto valor engadido e con gran demanda en mercados internacionais. A nave foi acondicionada cunha nova cuberta de panel sándwich para asegurar o illamento necesario, converténdose nun referente de emprendemento na Costa da Morte.
Novos nichos de negocio
Unhas melloras que supervisou este xoves a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, quen subliñou que "esta aposta pola diversificación amosa a capacidade do sector para xerar novos nichos de negocio aproveitando o coñecemento do medio mariño".
Destacou ademais o peso social da confraría, composta actualmente por máis de 60 persoas, "que constitúe un piar económico fundamental para o municipio e a comarca".
Subliñou tamén a solidez da actividade no porto, que rexistrou unha cifra de negocio que superou os 1,45 millóns de euros no último exercicio, "o que reflicte o éxito da colaboración entre a Administración e o sector mar-industria", afirmou a directora xeral.
Optimizar a comercialización de mariscos
Asemade, Ángeles V. Suárez avanzou que a entidade solicitou unha nova axuda de case 30.000 euros, actualmente en fase de valoración previa á súa resolución, para un proxecto dirixido a optimizar os procesos de comercialización de mariscos na lonxa, buscando incrementar o valor das capturas mediante a modernización tecnolóxica e a mellora da trazabilidade.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- El ascenso del Obradoiro a la Liga ACB inyectará más de tres millones de euros a la economía de Santiago
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- La Xunta destina tres millones al Bono Emancípate tras superar las 3.600 solicitudes
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- O traspaso dunha licenza concedida hai dúas décadas permitirá construír 41 vivendas nun esqueleto inacabado en Ames