Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ASEMBLEA APTCM

Formación, divulgación ambiental e promoción: as apostas do sector turístico de Costa da Morte para 2026

A asociación de profesionais publicará un libro dixital sobre manxares gastronómicos do territorio

Asemblea da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte.

Asemblea da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte. / Cedida

Vimianzo

A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) aprobou en asemblea un novo plan de actividades do proxecto Sabor a Mar para o presente ano.

Entre as iniciativas previstas figuran a elaboración de materiais formativos e a celebración dunhas xornadas de divulgación ambiental, que incluirán unha charla sobre lugares de interese xeolóxico e unha andaina guiada, que se celebrará este mes de abril.

No outono promoverán unha actuación medioambiental na Laracha, en colaboración co CEIDA. Tamén elaborarán un catálogo de bens de valor cultural no litoral.

Fotografías, vídeos e un 'famtrip'

Ao longo do ano promocionarán tamén os establecementos da rede coa edición de fotografías e vídeos, e organizarán un famtrip, que complementarán outras accións de comunicación e divulgación.

Neste 2026 verá a luz tamén o libro dixital Costa da Morte - Manxares, un proxecto que recollerá os produtos gastronómicos do territorio, e que será financiado co apoio da Consellería do Mar.

Na asemblea, celebrada en Vimianzo, o presidente de APTCM, Pepe Formoso, presentou a memoria de actividades e as contas de 2025, ao tempo que trasladou aos asociados a proposta de orzamento para 2026.

Tracking Pixel Contents