FESTA DE INTERESE CULTURAL
Los de Marras, Quinkillada e Festicultores únense ao Asalto ao Castelo de Vimianzo
Aberto o prazo de inscrición para a Feira Artesanal

Os valencianos Los de Marras actuarán no Asalto ao Castelo de Vimianzo. / Cedida
O Asalto ao Castelo de Vimianzo suma ao cartel musical aos valencianos Los de Marras e os galegos Quinkillada e Festicultores. Con eles, complétase un cartel con grandes referentes como ETS (En Tol Sarmiento), Dakidarria, De Ninghures ou Che Sudaka, e novas promesas como Ulex e Yaya Dj.
A banda valenciana Los de Marras chega a Vimianzo co seu autodenominado estilo "guarrocanrol" para presentar o seu último traballando: Resumiendo.... Con letras directas e viscerais que falan de problemas sociais e sentimentos a flor de pel, o grupo é xa todo un clásico.

Feira artesanal do Asalto ao Castelo de Vimianzo. / Cedida
Quinkillada, a banda morracense que transita pola cumbia, o rock e o ska, transformará o campo da Torre nunha pista de baile co seu repertorio enérxico e auténtico. E os míticos Festicultores Troupe, que dende 2005 levan cultivando a "festicultura" en máis dun milleiro de actuacións, volven a Vimianzo para liderar unha revolución de baile e humor no longo fin de festa.
Aínda que a distribución por días manterase en segredo até completar todos os nomes, dende a organización —composta polas asociacións Cherinkas e Axvalso xunto ao Concello de Vimianzo— apostan por un festival de dous días, o 3 e o 4 de xullo, onde tanto o venres como o sábado contarán con cabezas de cartel de primeiro nivel.
Entradas e abonos dispoñibles
Xa están á venda as entradas por días (venres e sábado) así como os abonos xerais para vivir a experiencia completa desta Festa de Interese Turístico de Galicia. Poden adquirirse a través da web oficial: asaltoaocastelo.gal.
XIV Feira Artesanal
Máis alá da música, a A.C. Cherinkas anunciou tamén a apertura do prazo de inscrición para a XIV Feira Artesanal, que terá lugar o sábado 4 de xullo de 2026 na Praza do Concello.
Os artesáns interesados en participar teñen até o venres 5 de xuño para formalizar a súa solicitude de xeito telemático a través da web oficial do festival.
Unha vez presentada a solicitude, a organización, a partir do 6 de xuño, revisará as peticións e seleccionará un máximo de 15 postos, tendo en conta a participación en edicións anteriores, a orixinalidade, a calidade artesanal dos produtos, a variedade das propostas presentadas, e o equilibrio global da feira.
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- Ni un solo ladrillo: así es la espectacular Casa Caracola a una hora de Santiago que desafía la arquitectura
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Santiago arrasa en los Premios 'Próximos' de Arquitectura: estas son todas las obras distinguidas
- Héctor Galán y la plantilla ACB del Obradoiro: “Quintela, Barcello y Barrueta tienen contrato para el año”
- Los libros más difíciles de encontrar toman la Alameda de Santiago
- El inesperado detalle del nuevo mural de Touro que desconcierta en redes