ACORDO
Portos e Concello acordan reverter ao Estado parte dos paseos da Ribeira e Calafigueira de Fisterra
O obxectivo é que despois sexan transferidos á Administración local

O acordo inclúe a reversión de parte do Paseo da Ribeira. / Concello de Fisterra
Portos de Galicia e o Concello de Fisterra acordaron a proposta definitiva para a reversión ao Estado dos terreos declarados innecesarios para a actividade portuaria no municipio. Así quedou de manifesto na reunión entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde, Luís Insua, no consistorio fisterrán.
Ambas administracións consensuaron a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado para que esta o transfira ao Concello de Fisterra dado o seu uso veciñal, de carácter público, e non restrinxido á actividade portuaria.
A proposta acordada baséase en criterios estritamente técnicos que foron ratificados previamente coa Fegamp.
En concreto, no caso do porto de Fisterra, os terreos situados actualmente en dominio público portuario que a Xunta de Galicia proporá devolver ao Estado para a súa posterior transferencia ao Concello correspóndense co paseo da Calafigueira e un tramo do paseo da Ribeira.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”