MEDIO AMBIENTE
Un pequeno xesto que mellorará os areais en Malpica: así é o Praia Pallet
Cinco colectivos e o Concello únense para reducir o lixo mariño

O alcalde, terceiro pola dereita, con concelleiros e colaboradores de Praia Pellet. / Cedida
O Concello de Malpica vén de poñer en marcha a iniciativa Praia Pallet, un proxecto pioneiro na comarca orientado á recollida de residuos mariños nas praias do municipio.
A actuación desenvólvese en colaboración coas entidades Surf and Clean, Aprende Através do Surfing e One Surf Academy, contando ademais coa implicación de Aspaber, que elaborou os caixóns de madeira para recoller o lixo, e co traballo das redeiras de Malpica.

Os colectores de madeira foron elaborados pola asociación Aspaber. / Cedida
O primeiro dos contedores foi instalado na praia de Seaia e, nos últimos días, colocáronse novos caixóns nos areais de Beo, As Torradas e Riás.
Paseos sostibles
“Estes colectores permiten ás persoas usuarias das praias depositar os plásticos e residuos que o mar arrastra ata a area durante os seus paseos, contribuíndo así a manter o litoral en mellores condicións”, subliñan desde o goberno local.
Tamén lembran que estes caixóns están destinados exclusivamente a residuos de orixe mariña, e non ao lixo xerado durante as xornadas de lecer na praia.
Idea de Clean Ocean Project
A iniciativa Praia Pallet toma como referencia unha idea orixinal de Clean Ocean Project, adaptada agora ao contexto local, convertendo a Malpica nun concello pioneiro na implantación deste sistema de recollida na contorna.
Desde o goberno local animan á veciñanza e ás persoas visitantes a colaborar activamente nesta proposta: “Se cada quen achega un pouquiño, faremos un mar de diferenza”.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Vecinos de San Pedro de Mezonzo plantean contratar seguridad privada ante un piso de prostitución en el edificio
- Nuevo barrio del Ensanche Norte de Santiago: ¿Por qué se hace en Mallou? ¿En qué fase está? ¿Quién valora los terrenos?
- Aviso amarillo por tormentas este jueves en Galicia: la AEMET alerta de granizadas y rachas de viento muy fuertes
- Muere Elisa Caridad Sucasas, propietaria de una emblemática zapatería del centro de Santiago
- Xandre Muíño, el joven que contagia en redes su amor por Carballo: 'Quero que a xente valore o que temos aquí
- El Obradoiro 'ficha' a los compostelanos Arce y Kike Varela para la final por el ascenso